2009/01/28

León, el Africano

A estas alturas, todos coñecemos a reconquista, pero, como é a reconquista dende o punto de vista dos árabes?

Amin Maalouf cóntanos na súa obra, León el Africano, a historia dun personaxe real chamado Hasan bin Muhammed al-Wazzan al-Fasi, un home que, tras ter que exiliarse de Andalucía por mor da reconquista, percorre toda África en diversos viaxes para posteriormente acabar no Vaticano. Ao abandonar al-Ándalus moi novo e non botar nunca moito tempo no mesmo sitio, o personaxe cambia de personalidade en cada lugar ao que vai e afaise a todos os lugares. Ademais pasa con moita facilidade de ter cargos importantes e ser rico a ser un home pobre perseguido pola xustiza.

É unha xenial novela de aventuras con gran contido histórico coa que realmente aprendes moito, incluíndo unha lección moi importante, que é poñerse no lugar dos demais. Porque non todo o que para un é bo o é para outro.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Ola David! Estou aquí na luxosa biblioteca pública de Santiago refuxiándome da choiva en plan homeless, agardando a que Lidia me traia as chaves da casa que olvidei no instituto (...) e atopo o teu super-post, ¡que ben! Suscribo totalmente a túa opinión, lédeo, é moi bo! (e moita sorte mañá, ides deixar pasmados aos vosos contrincantes coa vosa defensa, xa verás! Espero poder irvos ver, aínda que sexa un momentiño!)

Susana Losada dixo...

Canto me gustou este libro! Lino hai tempo e confirmei a miña necesidade de ler esa outra historia, a que non está escrita polos que gañan. Acordeime do libro cando visitei o pasado ano a casa Andalusí de Córdoba cos meus alumnos. Se che gustou o autor, recoméndoche "Samarcanda", que recrea a vida do poeta Omar Jayyam na Persia medieval