Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións

2012/11/06

Á LUS DO CANDIL

Non hai tantos anos, cando chegaba o inverno coas súas longas noites sin luz eléctrica os nosos avós pasaban seráns nas tabernas e nas casas contando historias a lus do candil. Contos do pasado, cousas da vida, pero tamén historias de mortos e paracedidos, contos de lobos e medo que a escuridade e a proximidade do inverno propiciaban. O título deste artigo está inspirado no coñecido libro de Ánxel Fole, que tamén subtitula Contos a carón do lume, como nós fixemos hai un par de anos á hora de suxerir lecturas para esta época do ano. Os Papalibros máis miudos comezamos as nosas reunións precisamente á véspera do día de defuntos, o día que segundo a antiga tradición celta celebrábase o tan nomeado Samaín. Puxemos a biblioteca a escuras para ambientarnos mellor, limos contos de Ánxel Fole e varios rapaces e rapazas animáronse a ler os seu propios contos de medo ou contar outros que sabían. Dende aquí queremos dar a benvida aos novos Papalibros, que se incorporaron este ano e aos veteranos que se animaron a continuar. Aproveitemos o mal tempo para ler a carón do lume (ou do radiador...)

2012/05/01

CINEFORUM: DRÁCULA DE BRAM STOKER

Decidimos ver esta película en dúas das nosas sesións dos mércores por dous motivos. O primeiro é que entre as lecturas favoritas das e dos Papalibros abunda o tema dos vampiros: moitas rapazas leron a saga Crepúsculo de S. Meyer ou novelas de Claudia Gray como Medianoche, Adicción... Por outra banda, o 20 de abril celebrouse o centenario da morte de Bram Stoker, o creador do xénero de vampiros coa súa novela Drácula. Por este último motivo, escollemos entre as moitas películas de vampiros existentes, Drácula de Bram Stoker, de F. Coppola. Esta película, a máis fiel á novela de Stoker, non só refire a historia de Drácula, senón que afonda nos sentimentos do protagonista. É dicir, non é só a historia dun ser maldito e terrorífico, senón tamén unha historia de amor: a busca da amada, morta traxicamente, leva ao príncipe Dracul a pactar co mal e convertirse nun ser diabólico que necesita a inmortalidade para atopar o seu amor no tempo. Así, 400 anos despois da morte da súa princesa, Drácula cre atopala reencarnada en Mina, a fermosa prometida de Jonathan Harker, axente inglés que se despraza ata a mansión de Drácula en Transilvania (Rumanía) para tramitar a compra de terreos do príncipe en Londres. Un dos aspectos máis destacados do filme é a súa estética, conseguida mediante unha coidada ambientación, maquillaxe, vestiario e, sobre todo, banda sonora (conseguiu tres óscares en 1992 nestes tres conceptos).
Disfrutamos moito vendo a película, a moitos Papalibros, máis que medo, moitas escenas causáronlle repulsión. Despois da proxección comentamos algúns aspectos interesantes como, por exemplo, a repesentación do mal mediante as distintas formas nas que se encarna Drácula: vampiro, lobo, besta, vello monstroso, bruma verde... o emprego constante das cores branca como símbolo do ben e vermella como símbolo do mal, ou a importancia do amor como forza que libera do mal.
En Drácula tamén vemos temas da literatura universal como o do home que pacta co mal ou co demo para conseguir a sabiduría (Fausto, de Goethe), a eterna xuventude (O retrato de Dorian Gray, de Óscar Wilde), o amor e inmortalidade (Drácula)... ou a nosa lamentable actualidade de tantos personaxes corruptos que tamén pactan con "mal" para conseguir inmensas fortunas. Bo é que polo menos na literatura estes personaxes acaben pagando as súas culpas ou redimidos polo ben.

Aquí vos deixamos a escena culminante da película: a entrega de Mina a Drácula.

2010/11/22

QUERES COMPARTIR CON NÓS UNHA LECTURA?


Por fin arrancamos este curso cunha actividade ata agora nova en Papalibros, aínda que en realidade ven sendo a esencia dos clubs lectura. Un grupiño de persoas imos ler un mesmo libro e cada 15 días (ou menos) imos quedar para falar del. Como todos os que están anotados son alumnos/as de 2º ciclo de ESO ou BAC, pareceunos unha boa idea quedar a xantar os luns e mentres comemos unhas pizzas, uns bocatas... ou mesmo unha ensalada, falaremos do que estamos a ler, doutros libros parecidos, de cousas que nos ocorreron parecidas ás do libro, de como imaxinamos a eses personaxes, de persoas que nolos recordan... quen sabe de que acabaremos falando.
Aínda que había varias propostas como clásicos rusos, El amante de M. Duras, novelas gráficas... acabamos escollendo un clásico romántico: Cumbres Borrascosas de Emily Brontë. Axudounos a esta escolla a nosa exposición de libros "Para ler a carón a do lume, en tempos de mortos castañas", que temos neste trimestre na biblioteca, e tamén, para que negalo, o feito de esta novela sexa citada na famosas saga de Crepúsculo.
Cumbres borrascosas nárranos unha historia de amor e vinganza, de odio e tolemia, de vida, de morte e pantasmas entre dúas familias. Cumbres borrascosas é o nome da mansión decimonónica, perdida nun páramo da xeografía inglesa, en torno a cal discurre a acción.
De momento estamos embarcados nesta lectura Cristina Conde, Ánxela G. Mato, Francisco Río, Iria Parras, Yuri, Elisa Ares, Ana Ayude, Irune, Ana Arias (profe de lingua, subst. de Cristina) e Susana Losada (profe de grego). Se che apetece ler con nós, avísanos para organizarnos mellor. A nosa próxima cita é para xantar xuntos o luns 29 de novembro na aula 106

2009/03/10

Cando petan na porta pola noite de X.P. Docampo


Neste libro vas ler catro relatos de misterio que Docampo adica a seus pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros......... Anímate a enfrontarte cos teus "medos".

2009/01/26

Edgar Allan Poe


O pasado día vinte de xaneiro celebrouse o bicentenario do nacemento do xenial escritor estadounidense Edgar Allan Poe. Para celebralo, suxerímosvos, porque sabemos que moitos de vos sodes xa lectores apaixoados de Poe, que lle botedes unha ollada á animación do seu relato "Corazón delator" e que escoitedes o programa-homenaxe de Radio3, onde atoparedes información sobre a súa vida e obra, lecturas e versións musicais de moitos dos seus textos, feitas por artistas moi coñecidos.
Se tivérades que recomendar algún dos seus terroríficos contos, ¿Cal escolleriades?



2009/01/14

"Otra vuelta de tuerca"

“Otra vuelta de tuerca” es, probablemente, uno de los mejores libros que ha escrito el norteamericano Henry James.
Este libro cuenta la historia de una institutriz que acepta un trabajo para educar a dos niños en una vieja mansión a las afueras de Londres. Al llegar conoce a los dos niños que va a cuidar, Miles, un muchacho muy guapo de diez años, y Flora, una bellísima niña con rostro angelical. A medida que pasa el tiempo, la institutriz se da cuenta de que los niños actúan de una manera extraña, pero no sabe por qué. Le suceden distintas apariciones que no desvelaremos, porque es mejor que las descubráis por vosotros mismos.

El libro está hecho para personas que les guste el terror y la intriga como a nosotras, que nos ha gustado mucho.
Sin ninguna duda lo recomendamos, ¡pero con cuidado los miedosos! ¡Que es realmente perverso!
Y a los que no os guste leer podeis ver la película "Los Otros" que está libremente inspirada en este libro. Aún así es mejor el libro porque la peli no es exactamente lo que el libro cuenta.

CARLA Y SANDRA. 3ºA

2008/05/18

Cuentos (I y II): Edgar Allan Poe

Xa disfrutaches dos maxistrais contos de misterio e terror psicolóxico? Cal prefires?: O gato negro, O pozo e o péndulo, Os crimes da Rúa Morgue, O corazón delator,...


O autor, un auténtico xenio creador: Edgar Allan Poe ( 1809-1849), escritor romántico estadounidense, poeta, crítico e editor, cunha vida digna de ser novelada.

Moi influinte en multitude de artistas en tódolos campos: música, pintura, cine, literatura,... Un exemplo: o seu coñecido poema "O corvo", inspirador dun cómic gótico (James O'Barr, 1981) e dunha peli (Alex Proyas, 1994).