![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHkJMIU4Lz_wHf36Qn052NNCzRLDH-0E_W7UNx1s0Dx7nAP5ClDvjQpg47rGfxVIOrf_6m93R8ehZdfcv3PE5il_U6uK7ivJfh-9_SVW9zdugjlZLET45sUhshRv-qkfTWvVZdIQbgBqo/s400/a+praia+dos+afogados.jpg)
Se queres coñecer o final terás que mergullarte neste libro, pero asegúroche que se o fas non te vas arrepentir.
Nesta obra, relátase a vida dun emigrante de segunda xeración nun país cunha cultura allea á dos seus pais e os conflitos que se crean debido a isto.
Manny é un rapaz de orixe punxab que naceu e viviu sempre no Reino Unido alleo á súa cultura, a diferenza dos seus irmáns. Pero chegados os seus quince anos, decátase que os seus pais queren del que siga as costumes punxabis e organízanlle un casoiro cunha moza que non coñece aos dezasete anos. Manny non está de acordo con iso, e así xurdirán unha serie de conflitos coa súa familia, levándoo a unha situación realmente difícil: ter que elixir entre a súa familia e a vida que el quere.
A obra é entretida e ao mesmo tempo leva á reflexión. Se non o tedes que ler como lectura obrigatoria en galego, podédelo ler igual, non tedes nada que perder. Ademais, non será complicado que alguén volo preste.
Ademais, o día vintesete Bali Rai virá ao noso instituto cun tradutor a falarnos da súa obra, e poderemos levala para que nos bote unha firmiña. Intentarei non esquecerme...
David Méndez Martínez 1ºBac A
Sandra y Carla 3ºESO A