2023/05/31

VISITA DE ANDREA JAMARDO

SEMAMANA  DO  LIBRO 

 Na  Semana do Libro  veunos  visitar Andrea  Jamardo, editora de Cuarto de Inverno, dirixida ao alumnado de 1º de ESO e aos Papalibros Benxamíns.

    Díxonos Andrea que  o labor de editar é delicado e laborioso, que a súa editorial coida moito a cor, o deseño e a temática coma unha marca da casa, que o seu traballo  reflicte o seu xeito de ver e estar no mundo. Díxonos que  son  moi precisas as editoriais, para que haxa sempre  caixiñas de música e cores onde descansen  as palabras que nos entregan os  escritores e as escritoras.