SEMAMANA DO LIBRO
Na Semana do Libro veunos visitar Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno, dirixida ao alumnado de 1º de ESO e aos Papalibros Benxamíns.
Díxonos Andrea que o labor de editar é delicado e laborioso, que a súa editorial coida moito a cor, o deseño e a temática coma unha marca da casa, que o seu traballo reflicte o seu xeito de ver e estar no mundo. Díxonos que son moi precisas as editoriais, para que haxa sempre caixiñas de música e cores onde descansen as palabras que nos entregan os escritores e as escritoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario