2023/03/04

AZUCRE


No  Club de Lectura de Adultos vimos de ler Azucre, unha historia maxistralmente construída por Bibiana Candia. As voces de "O Rañeta", de Orestes ou de "O Comido" chegaron ata nós para facernos vivir o seu horror cargado de tenrura, a súa inocencia descoñecedora da crueldade, percorrendo descalzos camiños de lama. Onte calzámolos. E querémolos.


 
 
 
 
Azucre é unha  unha historia colectiva que nunca fora contada, pero tamén é a nosa historia de amor con eles. Por iso quixemos calzalos e darlles un colo, porque desde o comezo foron nosos. Coma as camelias  en febreiro ou  os solpores adozados da nosa biblio un día calquera nunha sesión do club.