No club de adultos xa leramos esta obra e contaramos coa presenza de Quiroga. Nesta ocasión sumouse a lectura o club de xuvenil e, a pesares das dificultades do texto, tivemos incluso lectoras do club de benxamíns, como Omaira Vidal, que con só 12 anos debe ser unha das lectoras máis novas desta obra.
A nosa visita comezou polo Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, un dos escenarios da novela, que rastrea o Reina trantando de seguir a pista a aqueles nazis fuxidos. O Cabo do Mundo, a praia da Cova,onde agúns ousad@s incluso se bañaron, e unha andaina en Marce completaron o resto da xornada.
![Roteiro Izan o da Saca](https://farm2.staticflickr.com/1751/27759582037_4c256b78d2_z.jpg)