O Papalibros Xuvenil fixo a lectura e o comentario de A sombra descalza, de An Alfaya. A literatura, unha vez máis conduciunos a vida, porque falamos nun café de recreo dos segredos familiares que nunca son revelados porque os cremos inconvenientes, ata que hai alguén coma Elsa, unha rapaza afouta e curiosa que, malia non gustarlle a verdade, prefire vivir con ela.
E así todos fomos sombra a contraluz e puxemos os zapatos de Sagrario, os que perdeu, na punta dos pés, os mesmiños que ten a capa do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario