PRESENTACIÓN de A historia de Sara
O venres 21 de abril, para celebrar o Día do Libro, o noso Papalibros de Adultos realizou unha saída á biblioteca do concello para reunirse co club de lectura "Gándaras" con motivo da presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro.
Foi unha reunión amena e distendida onde o autor apuntou que o amor e a escoita son piares indispensables para unha infancia feliz. Que, alén da palabra, hai outras formas de comunicación non verbal coma os ollos, coma as mans, que poden avisar aos maiores. E que o silencio pode ser un lugar elixido pola nenez cando sobran as palabras. Ou cando faltan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario