2023/06/08

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO

O 26 de maio veu ao Papalibros Aulto   Antón Riveiro Coello para presentarnos a  súa última obra, Días de intemperie, un conxunto de relatos nos que a guerra fai agromar o mellor e mais o peor das persoas, para lembrarnos que nese escenario desolador a beleza pode coarse entre as feridas.

Pero Antón veu, sobre todo, para adozarnos a tarde. Para dicirnos que a literatura é un mecanismo de defensa, un bálsamo, un acuario, unha ponte de orquídeas brancas para sobrevivir á crueza de calquera guerra. Mesmo á que libramos tantas  veces dentro de nós.








   

Ningún comentario: