En Valdemuller cóntase a historia de Mina, unha rapaza que cando cumpre quince anos recibe uns regalos moi especiais. Un deles é un colgante en forma de estrela que lle envía a súa tía-avoa. A partir de aí, comeza unha viaxe chea de aventuras en compañía do seu colgante. Se queres saber máis, só tes que abrir o libro e comezar a ler. Non te vas arrepentir!!
5 comentarios:
O libro de Valdemuller gustoume moito. O que máis me gusta del é a intriga que ten. O que menos me gustou foi cando un señor quixo violar á protagonista.É un libro que me encantou e vouno volver ler calquera día.
MARÍA 1ºC
O libro gustoume. Pareceume interesante, moi imaxinativo, e bonito.O que me tivo moita graza foi a que lle "armaron" ao Recontas na clase, e todo o que alí se dixo que non foi pouco precisamente.
Noelia 1º C
O libro gustoume moito
o que máis me agradou foi a boa amizade e a complicidade coa súa tía Olga.
O que menos me gustou foi cando a intentaron violar.
Gustame moito,por varias razóns; foi un libro que lías un pouco,e tiñas que ler máis.Deixoume intrigada polo final porque non sei se volveron verse ou non.Gustaríame que saíra outro libro para seguir lendo.Tamén nos ensina que hai que ter coidado cando andas soa e dános a entender que non se pode ir con xente descoñecida.O que máis me gustou foi cando Mina encontrou a súa tía-avoa despois de camiñar moitas horas.O que non me agradou moito foi aquel riso que tiñan aqueles homes;eu xa sospeitaba que algo malo ía pasar.Pareceume fantástico cando Mina chamou polos lobos.....e que é imposible!
Fátima 1ºC
Este libro marcoume moito.Cando o empecei a ler non podía parar.Gustoume moito por varias cousas, a principal é a intriga que che dá.Despois de lelo recomendeillo a miña nai e a miña avoa.Elas tamén opinaron o mesmo ca min.Recomendollo a toda a xente a quen lle gustén os libros con intriga. Tania Nóvoa Paz
Publicar un comentario