2009/01/26

Edgar Allan Poe


O pasado día vinte de xaneiro celebrouse o bicentenario do nacemento do xenial escritor estadounidense Edgar Allan Poe. Para celebralo, suxerímosvos, porque sabemos que moitos de vos sodes xa lectores apaixoados de Poe, que lle botedes unha ollada á animación do seu relato "Corazón delator" e que escoitedes o programa-homenaxe de Radio3, onde atoparedes información sobre a súa vida e obra, lecturas e versións musicais de moitos dos seus textos, feitas por artistas moi coñecidos.
Se tivérades que recomendar algún dos seus terroríficos contos, ¿Cal escolleriades?



1 comentario:

Papalibros dixo...

edgar allan poe:cuentos 1
Gustoume o libro xa que é de contos que moi fácil de ler e os contos son de misterio.

As historias son moi interesantes e entretidas.O conto que mais me gustou foi o de "el gato negro".


aconselloo a todos xa que os vagos coma min podeno ler sen problemas xa ke e un libro sinxelo.

IVAN VAZQUEZ GARCIA