Venres: Outro día de temporal que me permite reencontrarme con Modiano, grazas á reedición en Seix Barral de Dora Bruder:
"Se busca a una joven, Dora Bruder, de 15 años, 1,55m, rostro ovalado, ojos gris-marrón, abrigo sport gris, pullover burdeos, falda y sombrero azul marino, zapatos sport marrón. Ponerse en contacto con el señor y la señora Bruder, bulevar Ornano, 41, París."
A partir do encontro casual deste artigo publicado no París-Soir en 1941, o narrador tenta reconstruir a vida dunha adolescente xudía, que resume na súa desoladora peripecia vital o sufrimento da ocupación nazi, percorrendo os lugares polos que supostamente transitou. A prosa de Modiano, un dos autores franceses contemporáneos máis importantes, devólvenos con brevidade e exactitude a angustia e o sufrimento de miles de xudíos deportados, a través das rúas, os cafés, os trenes, as comisarías dun París que xa non existe, pero que aínda pode adiviñar un observador atento.
E se preferides o ambiente dos cafés abigarrados, cheos de alcohol, fume, libros e personaxes inclasificables, con moito que contar, lede a súa última proposta, En el café de la juventud perdida, que traslada á accción ao París dos anos previos ó maio do 68.
Cristina
Ningún comentario:
Publicar un comentario