2009/01/28

Perceval o el cuento del grial, Chrétien de Troyes

Debo recoñecer que comecei a ler este libro cun pouco de medo,pois sabía que era un libro antigo e pensaba que non ía entender moi ben a linguaxe e que non me ía enterar de nada.Pero non foi así.O libro xa me enganchou dende o principio e lino en moi pouco tempo pois,persoalmente,paréceme de fácil comprensión. Perceval trata das fazañas dun rapaz que abandoou o seu fogar para convertirse en cabaleiro,moi ó pesar da opinión de súa nai.Sorprendeume que na metade do libro se abandoara a historia deste cabaleiro para centrarse na historia doutro.Penso que este libro non ten unha trama principal senon que trata sinxelamente da vida duns cabaleiros.Nunca lin un libro que tratara destos temas pero recoñezo que me gustou moito e que volvería ler un libro así.
Patri(3ºA)

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Patri, ¿Quen se pode resistir a Perceval despois de ler o teu post? ¡Imposible explicar máis e mellor por qué merece a pena atreverse coa literatura medieval!

Anónimo dixo...

hola este post e unha pasada
e esta moi chulo debido a que todo o mundo pode espresarse libremente ata logo