2009/01/26

Divorcio en Buda, Sándor Márai


Estes días de neve e temporal son a festa dos durmilóns e dos lectores. Podemos remolonear na cama mentres viaxamos moi lonxe no tempo e no espacio. O martes puiden por fin rematar outra das maravillosas novelas do húngaro Sándor Márai, que, pese a súa brevidade, levaba arrastrando dende días atrás por falta de tempo.

Os protagonistas das súas ficcións son homes e mulleres enfrontados aos seus dilemas persoais no curso imparable da historia. As súas obras, que tardaron varias décadas en chegar a nós debido ó olvido no que caeron trala súa prohibición polo rexime comunista que se impuxo en Hungría trala Segunda Guerra Mundial, nos devolven o esplendor da cultura centroeuropea da primeira metade do século XX.
Nesta novela, o autor, sempre atento ás paixóns e ós sentimentos ocultos dos seus personaxes, achéganos unha vez máis ao Budapest de entreguerras a través do encontro entre dous antigos compañeiros de escola: o xuiz Kristóf Kömives, representante dos sólidos valores da burguesía, e o médico Imre Greiner, que por conquistar a unha muller, se entregou a unha tola carreira de fama e ambición, que o levará ó desastre. Durante unha longa noite, os dous homes confesaranse vivencias e sentimentos que non compartiran antes con ninguén, revelándose facetas ocultas de si mesmos, que, tal vez, lles darán a oportunidade de cambiar as súas vidas.

Cristina

Ningún comentario: