Hugo, o protagonista desta historia, é un orfo que vive só nunha estación parisina arranxando reloxos. Se quere sobrevivir, ninguén debe coñecer a súa existencia. Sen embargo, un día comete un erro e é descuberto por vello xogueteiro e unha rapaza amante dos libros. Entre todos tentarán descubrir un misterioso asunto vencellado a un autómata, un debuxo, un caderno e unha mensaxe do defunto pai de Hugo.
O libro é moi entretido e emocionante, non é moi longo e está cheo de imaxes que contan a historia dun xeito moi cinematográfico. Gustounos moito porque é moi misterioso. Recomendámosvos que o leades porque está moi, moi ben.
Celeste Arias e Pilar López (3ºESO A)
Se queres ver algunhas das estupendas ilustracións de Brian Selznick, pincha aquí http://lainvenciondehugocabret.grupo-sm.com/
1 comentario:
Este libro gustoume, ainda que non me enganchou en ningun momento.
O argumento é bastante interesante e o espazo no que se desenvolve tamén.
Recomendaríalle este libro a todos aqueles aos que lle guste ou interese o cine, xa que no libro trátase bastante este tema e ten un papel de moitísima importancia.
Publicar un comentario