2009/01/14

Os contos de Alice Munro


A canadiana Alice Munro é unha das máis grandes autoras de relatos da narrativa contemporánea. Nos seus contos imaxina unha especie de álbum familiar, cheo de historias persoais, como poderían ser as de calquera lector, que nos descubren as sutilezas da condición humana: dramas anónimos, insatisfaccións cotiás, vellos amores que resucitan... En Secretos a voces (1994, W.H. Smith Award Prize; escollido entre os mellores libros do seu ano polo New York Times) achéganos ás vidas de oito mulleres que viven en distintos momentos do século XX: unha bibliotecaria que se namora por carta dun soldado; unha novia por contrato; unha solitaria excéntrica que, sen propoñelo, consegue un pretendente millonario; unha americana perdida na montaña albanesa; unha adolescente que desaparece sen deixar rastro; unha muller que tenta reconquistar ao seu ex marido; unha rapaza que oculta un crime... Sen grandilocuencia, atenta aos pequenos detalles que poden iluminar toda unha vida, a autora nos descubre un país ao que queremos voltar unha e outra vez para comprender, para comprendernos mellor. Se queredes seguir habitando o país Munro, velaquí outras dúas suxerencias: Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio (2001) ou La vista desde Castle Rock (2008, seleccionado por Babelia como un dos libros máis interesantes do ano).

Cristina

Ningún comentario: