2009/01/26
Chesil Beach, Ian McEwan
"Eran jóvenes, instruidos y vírgenes aquella noche, la de su boda, y vivían en un tiempo en que la conversación sobre dificultades sexuales era claramente imposible. Pero nunca es fácil"
O comezo da última, breve e excelente novela do inglés Ian McEwan é á vez o mellor resumo do seu contido. Edwar e Florence teñen pouco máis de vinte anos na Inglaterra de comezos dos anos sesenta. Inocentes e cohibidos polas convencións da sociedade da época, a súa noite de vodas nun hotel de Chesil Beach se convirte nun prolongado desencontro que lle serve ó autor para explorar con sutileza e minuciosidade a parella, o amor e o sexo, ao tempo que retrata as complexas relacións entre homes e mulleres na Inglaterra anterior á revolución sexual.
Se aínda non lestes ningunha das magníficas novelas de McEwan, probade con esta. E por se queredes seguir adentrándovos no seu mundo, velaquí un par de suxerencias: El placer del viajero(perversísima historia que transcorre durante unhas vacacións en Venecia) e Expiación (retrato multiperpectivista das relacións entre clases sociais na Inglaterra dos anos 40, a partir do tema da culpa e a necesidade de redención), moito mellor que a película, asegúrovolo!
Cristina
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
gustariame moito leer ese libro parece moi interesante
Publicar un comentario