2009/01/27

Dientes Blancos



Dientes Blancos é unha gran novela na que Zadie Smith con tan só 18 anos logrou plasmar os problemas que os emigrantes sofren nos barrios baixos de Londres.
Achéganos á historia de dúas familias de emigrantes nos suburbios londinenses,nos que os problemas entre pais e fillos están presentes, ademais do eterno debate ciencia-relixión.

A partir do experimento cun rato, o libro permite ao lector adentrarse nas tensións entre os distintos grupos que conviven na Inglaterra actual(musulmáns,testigos de jehová,naturistas...).
Unha obra divertida, incriblemente ben escrita,recomendable a todos aqueles aos que les guste coñecer novas culturas.
Andrea (1ºBAC A)

Ningún comentario: