2009/01/28

La Historia del amor

La historia del amor de Nikole Krauss é unha apaixonante novela na que ten cabida o amor e o desamor, a soidade, a tenrura... A historia cóntase por medio de varios fíos narrativos: Leopoldo Gurskky: un vello cerraxeiro xudío polaco que chegou a Nova Iorque fuxindo dos nazis para atoparse co seu amor de adolescencia. Alma Singer: unha adolescente orfa de pai que tenta buscarlle parella a súa nai (unha extravagante traductora), xa que despois da morte do seu marido foi incapaz de levantar cabeza. Zivi Litvinoff: compañeiro de Gursky en Polonia que emigrou a Chile. E por último Bird, o irmán pequeno de Alma, un un neno cun mundo propio moi peculiar. Nun principio pode parecer que non existe relación entre eles, pero segundo avanza a trama, o azar e un misterioso libro escrito en yidish, pero publicado en español, que se titula, precisamente, La historia del amor, irán unindo os seus destinos. Quizais sexa isto, o afán de saber como vai lograr a autora pechar unha historia con tantos cabos soltos o que che fai continuar coa lectura. É unha reflexión sobre a existencia do ser humano dende unha perspectiva tremendamente dura.
Gursky é a clave da historia, quen fai que o lector se emocione, un neno cheo de amor cara unha nena, logo un home cheo de amor cara unha muller, pero demasiado tarde... un home cheo de amor cara un fillo, pero isto tampouco é posible.. un home cheo de tanto amor pero que non ten a quen entregarllo. Estaba só e estaba disposto a facer calquera cousa, mesmo algunhas que incluso dan pudor, por tan só poder compartir algúns minutos na compañía de alguén, aínda que este sexa un descoñecido.
Ana (2ºBAC A)

3 comentarios:

adolfo+marocha dixo...

berzascountry.blogspot.com un blog de 2 alumnos do ies , visitadenos!

adolfo+marocha dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Adolfo, encántame que nos visites en Papalibros, aínda que só sexa para publicitar outro gran blog do IES de Melide! Ó mellor aínda te convencemos para que leas algún destes libriños (je, je)
Ana, a reseña é estupenda. Recordando contigo as personaxes devolvíchesme a eses trens alemáns nos que o lin este verán! E coincido totalmente contigo: Gursky é o grande acerto do libro. Proposta: Agora que xa te iniciaches no "realismo fantástico" de Nicole Krauss, le a Paul Auster, o seu precedente literario máis claro, por exemplo Léviatán, El libro de las ilusiones ou La música del azar.