As xuntanzas dos papalibros teñen moito de especial: libros (por suposto), bocatas, bebida,e, claro está, persoas lectoras que intercambian impresións, gratas e non gratas experiencias acerca do lido. Seguimos convidando aos que nunca viñeron, e agradecemos aos que facedes isto realidade tanta ilusión como lle botades.
3 comentarios:
¡Que ben! ¡Fotos para lembrar o encontro máis multitudinario de cantos lembramos os papalibros! Hoxe quedei moito máis contenta que a última vez, na que só falamos os profes e estabamos todos un pouco cortados, mirándonos sen saber moi ben que dicir. Esta mañá moviámonos caóticamente dos libros ós ordenadores, había xente coñecéndose, recomendándose libros, pelexándose cos ordenadores -que non daban arrancado, que raro...-, ensinándose a usar o blog e deixando miguiñas! A ver que tal nos sae a próxima xuntanza, dentro duns quince días, acéptanse suxerencias!
E unha petición para rematar: ¿Temos algunha foto na que caiba todo iso?
É verdade este mércores pasámolo moito mellor e puidemos comentar máis sobre os libros!
Tamen tiñamos os ordenadores para traballar na páxina e buscar información sobre os nosos libros favoritos.
Espero que chegue pronto a próxima xuntanza!
Un saúdo!
Carla*
Encántanme as reunións de papalibros, inda que ocupa un recreo pásoo xenial.Podemos falar dos libros que máis nos gustan e a verdade e que é moi entretido. Animo a todos a que veñan.
Publicar un comentario