Arranca o Papalibros para o alumnado con Chamádeme Simbad, de Francisco Castro (Club Benxamín) e Arrugas, de Paco Roca ( Club Xuvenil), dúas obras que abordan o mesmo tema: o alzheimer. Porque no mar do esquecemento hai mariños que navegan en barquiñas de papel que despois poden poñer de monteira. Coma se fose o mundo.
Por iso ninguén naufraga no olvido mentres haxa alguén que nos recorde. Así comezou o noso alumnado esta lectura, adozando un recreo cunha lambetada arredor dun faro azul. Case coma no mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario