2019/03/08

Obradoiro de creación literaria: Viva a fantasía

Estamos aproveitando que esta tempada temos no noso centro a Xabier Xil Xardón facendo unha substitución, para que nos imparta uns obradoiros de creación literaria.
No club de benxamíns estamos a traballar co relato fantástico. Xabier repartiunos un material para ter un punto de partida: navia é unha rapaza que vive nunha illa afastada do mundo, que non recibe viaxeiros dende hai centos de anos. Todo o saber dos devanceiros está gardado nunha arca con tres cerrollos, custodiada polas anciáns do lugar. Navia quere coñecer mundo, pero para iso deberá acceder aos documentos da arca, construír unha nave e botarse a navegar nun mar cheo de monstros lendarios e mil perigos descoñecidos.
Navia escribe unha bitácora ou caderno  de viaxe. No décimo terceiro día de viaxe a auga escasea e ela empeza a ter problemas par durmir. Que pasaría no vixésimo quinto día, no sexto ou no décimo cuarto?
Xa levamos dúas sesións e agardámosvos na terceira e derradeira o próximo mércores 20 de marzo.




Ningún comentario: