2012/05/31

OS PAPALIBROS CON CARLOS NEGRO

Comer na biblioteca é algo excepcional, un privilexio só reservado aos Papalibros en datas sinaladas. Este mércores pasado foi unha desas ocasións, pois na nosa reunión semanal tivemos un invitado moi especial, o poeta Carlos Negro, que tamén foi profesor de lingua galega neste centro.
Despois de xantar a comida que traíamos da casa ou que nos preparou Xan na cafetería, tratamos de descubrir que é a poesía. Carlos ofreceunos "poesía por un tubo" e coa súa axuda foron xurdindo moitas ideas. Unha das que máis nos gustou foi que a poesía é como o chocolate, pequena, escura e moi doce. Carlos leunos Freederick e Un poema para curar a los peces, contos nos que vimos como a poesía nos pode traer o sola eas cores inverno ou salvarnos de morrer de aburrimento. Tamén limos unas cantos poemas de Makinaria e incluso fixemos un rap, para esconxurar eses momentos de estupidez ou subidas de adrenalina que a algúns lles poden facer perder a vida cando están ao volante dun coche. Pero o mellor de todo foi o agasallo do final, un verso de amor e un sugus para irmos coa doce sensación da poesía na boca. Se queredes unha valoración desta xornada non tedes máis que mirar as nosas caras nas fotos que tedes aquí abaixo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Non me gustou nada que lle dera o sugus a algúns rapaces e a outros non,pareceume unha discriminación.

Candela C. dixo...

Pois a min gustoume moito, foi moi divertido!

Alba.V.N dixo...

a min pareceume moi interesante mola un montón como Carlos Negro conta os contoss e unha pasadaa qedei alucinadaaa a repetir