Despois de xantar a comida que traíamos da casa ou que nos preparou Xan na cafetería, tratamos de descubrir que é a poesía. Carlos ofreceunos "poesía por un tubo" e coa súa axuda foron xurdindo moitas ideas. Unha das que máis nos gustou foi que a poesía é como o chocolate, pequena, escura e moi doce. Carlos leunos Freederick e Un poema para curar a los peces, contos nos que vimos como a poesía nos pode traer o sola eas cores inverno ou salvarnos de morrer de aburrimento.
Tamén limos unas cantos poemas de Makinaria e incluso fixemos un rap, para esconxurar eses momentos de estupidez ou subidas de adrenalina que a algúns lles poden facer perder a vida cando están ao volante dun coche.
Pero o mellor de todo foi o agasallo do final, un verso de amor e un sugus para irmos coa doce sensación da poesía na boca.
Se queredes unha valoración desta xornada non tedes máis que mirar as nosas caras nas fotos que tedes aquí abaixo.
3 comentarios:
Non me gustou nada que lle dera o sugus a algúns rapaces e a outros non,pareceume unha discriminación.
Pois a min gustoume moito, foi moi divertido!
a min pareceume moi interesante mola un montón como Carlos Negro conta os contoss e unha pasadaa qedei alucinadaaa a repetir
Publicar un comentario