Decidimos ver esta película en dúas das nosas sesións dos mércores por dous motivos. O primeiro é que entre as lecturas favoritas das e dos Papalibros abunda o tema dos vampiros: moitas rapazas leron a saga Crepúsculo de S. Meyer ou novelas de Claudia Gray como Medianoche, Adicción... Por outra banda, o 20 de abril celebrouse o centenario da morte de Bram Stoker, o creador do xénero de vampiros coa súa novela Drácula. Por este último motivo, escollemos entre as moitas películas de vampiros existentes, Drácula de Bram Stoker, de F. Coppola.
Esta película, a máis fiel á novela de Stoker, non só refire a historia de Drácula, senón que afonda nos sentimentos do protagonista. É dicir, non é só a historia dun ser maldito e terrorífico, senón tamén unha historia de amor: a busca da amada, morta traxicamente, leva ao príncipe Dracul a pactar co mal e convertirse nun ser diabólico que necesita a inmortalidade para atopar o seu amor no tempo. Así, 400 anos despois da morte da súa princesa, Drácula cre atopala reencarnada en Mina, a fermosa prometida de Jonathan Harker, axente inglés que se despraza ata a mansión de Drácula en Transilvania (Rumanía) para tramitar a compra de terreos do príncipe en Londres.
Un dos aspectos máis destacados do filme é a súa estética, conseguida mediante unha coidada ambientación, maquillaxe, vestiario e, sobre todo, banda sonora (conseguiu tres óscares en 1992 nestes tres conceptos).
Disfrutamos moito vendo a película, a moitos Papalibros, máis que medo, moitas escenas causáronlle repulsión. Despois da proxección comentamos algúns aspectos interesantes como, por exemplo, a repesentación do mal mediante as distintas formas nas que se encarna Drácula: vampiro, lobo, besta, vello monstroso, bruma verde... o emprego constante das cores branca como símbolo do ben e vermella como símbolo do mal, ou a importancia do amor como forza que libera do mal.
En Drácula tamén vemos temas da literatura universal como o do home que pacta co mal ou co demo para conseguir a sabiduría (Fausto, de Goethe), a eterna xuventude (O retrato de Dorian Gray, de Óscar Wilde), o amor e inmortalidade (Drácula)... ou a nosa lamentable actualidade de tantos personaxes corruptos que tamén pactan con "mal" para conseguir inmensas fortunas. Bo é que polo menos na literatura estes personaxes acaben pagando as súas culpas ou redimidos polo ben.
Aquí vos deixamos a escena culminante da película: a entrega de Mina a Drácula.
14 comentarios:
E a mellor escena da película!!
Hola bo dia,esta pelicula pareceume moi rara pero gustoume moito,recomendoa.
Sen ningunha duda, unha das mellores escenas da pelúcila.
a pesar de que é unha película moi antigaa a min encantoumeee¡¡¡
sen duda!! maravillosa pelúcila! jejeje
Me encantou a Película!!!
Encontoume a pelúcila e Candela!!
si foi maravilosa e ademais o medo pasamolo entre todoss jajaja Dráculaaa
A mi tambien me encantou e Maria!
Alba, tampouco foi medo, foi, pois non sei, susto, e un pouquiño de asco... xa sabedes por que!
Eu solo sei que ai xente con moitos faios!
Si,a mín tamén me gustou. Nalgunhas escenas pasamos medo pero a pesar de eso, gustoume.
Eu non sei, a min medo... pois non
foi unha pasada ademais Susana sempre tan lista nos informa de todooo a elanon se lle escapa nadaa
A repetir sempree jajaja sto e unha pasada
Publicar un comentario