Nesta obra, relátase a vida dun emigrante de segunda xeración nun país cunha cultura allea á dos seus pais e os conflitos que se crean debido a isto.
Manny é un rapaz de orixe punxab que naceu e viviu sempre no Reino Unido alleo á súa cultura, a diferenza dos seus irmáns. Pero chegados os seus quince anos, decátase que os seus pais queren del que siga as costumes punxabis e organízanlle un casoiro cunha moza que non coñece aos dezasete anos. Manny non está de acordo con iso, e así xurdirán unha serie de conflitos coa súa familia, levándoo a unha situación realmente difícil: ter que elixir entre a súa familia e a vida que el quere.
A obra é entretida e ao mesmo tempo leva á reflexión. Se non o tedes que ler como lectura obrigatoria en galego, podédelo ler igual, non tedes nada que perder. Ademais, non será complicado que alguén volo preste.
Ademais, o día vintesete Bali Rai virá ao noso instituto cun tradutor a falarnos da súa obra, e poderemos levala para que nos bote unha firmiña. Intentarei non esquecerme...
David Méndez Martínez 1ºBac A
7 comentarios:
este libro esta genial
Este libro encantoume.
Fala sobre un tema moi importante xa que se esta a dar en moitos paises a convivencia entre distintas culturas nun mesmo territorio.
Grazas a este libro aprendin moito sobre a cultura punxabi e o conflicto da multiculturalidade en Ingleterra e que nos serve de exemplo á nosa comunidade.
Xisela
Ao empezar a ler o libro fixen un lio con todos os nomes que había pero ao final acabei por entender todos aqueles nomes e relacioneinos ben.
O libro aínda que pareza ser un "rollo" non o é; é moi entretido e apréndense moitas cousas del que ao mellor non se aprenderían senon o lésemos.
Toda persoa que queira ler, eu recoméndolle que lea este libro porque trata as diferenzas de culturas e este tema está presente en todo momento actualmente.
Noelia Modia
Este libro esta moi ben,porque amosa a situación dos matrimonios concertados,dende o outro punto de vista e menos coñecido,o dos homes.
Este libro fai que coñezamos mellor a situacion de convivencia das culturas nun lugar e as consecuencias que isto deriva.
Javier Yañez
Este libro, ao contrario que os anteriores, gustoume moito pola facilidade de comprensión e lectura.
Outra cousa que me gustou desta obra de Bali Rai foi o tema tratado por ser unha cousa que, aínda que nos parezca mentira, segue a suceder na sociedade en que vivimos.
Este libro é moi interesante,xa que a través del achéganos a diferentes culturas e ao mesmo tempo a diferentes tipos de vida.Como é a vida dentro da cultura punxabi e a vida fóra dela,así como as grandes diferenzas existentes.
Céntrase na cultura punxabi e a través dos personaxes vemos por exemplo a existenza de racismo,sexismo,...
Recomendo este libro,porque é un libro no que se aprende moito sobre a cultura punxabi e merece ser leído.
Marina Vázquez Gómez.
este libro gustoume moito,porque describe unha relixión que eu descoñecia (a punxabi),ademais do libro tamen me gustou moito a charla co autor e o traductor,en lineas xerais recomendolle este libro a toda xente que queira leer. miguel mejuto bermejo
Publicar un comentario