2009/03/25
Nome de dicionario
Nome de dicionario fala da vida dunha rapaza dende o seu nacemento. Para comezar xa tiña un nome moi raro, Plectrude, naceu na cadea pois súa nai matara ó seu marido porque quería poñerlle á súa filla uns nomes moi comúns. E despois de suicidarse a súa nai, Plectrude pasou a cargo da súa tía. Ó non gustarlle a escola, ela entrou nunha escola de danza que a levou a unha serie de problemas.
Gustounos moito este libro porque trata un tema ó mesmo tempo estraño pola vida que levou Plectrude, e a súa forma de ser, pero por outro lado un tema común da actualidade como é a anorexia. Ademais pasan cousas moi inesperadas e ten un final moi estraño. Animamos a ler o libro, pois é fácil de entender e podes pasar un anaco entretido.
Silvia e Patri (3ºA)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
gustame moito o libro. que ben escribides !!!!!!! sodes unha maravilla
ies de toledo
Este libro é asombroso. É o mellor libro que lín na miña vida!
Publicar un comentario