2009/03/04

Estanislao, príncipe de Sofrovia de M. Lourenzo


Estanislao, é o príncipe de Sofrovia e durante toda a súa infancia ocórrenlle moitas aventuras. Nunca saíra do palacio real e cando o consegue descubre unha nova vida, uns novos amigos e novas aventuras. Antes de que che conte o libro, anímate a lelo. É moi divertido!!

11 comentarios:

Anónimo dixo...

a este libro segueo "tanis o mocos" ou algo asi
Adolfo

Anónimo dixo...

A min pareceume o mellor libro da miña vida,porque ensína a non ser traste,a estudar para ser algo na vida e non meterse en malas compañías.Recomendaríallo a toda a xente á que lles gustan os libros divertidos.

´Saínza. 1º c

Anónimo dixo...

este libro gustoume moitísimo e pareceume moi entretido e con moita intriga.Encantoume.
Christian 1º c

Anónimo dixo...

Gustoume moito.Tiña de todo acción,
comedia,intriga...¡En fin un gran
libro!
Esteban 1º-C

Anónimo dixo...

Penso que foi o mellor libro que lin na miña vida, porque fai moita gracia e causa intriga por saber que lle vai ocorrer.
Adrian 1c

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito,porque fai moitas trasnadas e é moi gracioso.A mín,pareceume o libro máis divertido que lin polo de agora.Gustariame ler o seguinte libro de Estanislao que sería "Tanis I,o mocos".BRAIS 1º-C

Anónimo dixo...

Gustoume moito porque é interesante e ten moita intriga.
Jesús Ignacio- 1º C

Anónimo dixo...

Para min o libro pareceume moi divertido porque fala das travesuras que facía Estanislao JONATHAN. 1º C

Anónimo dixo...

O libro "Estanislao, principe de Sofrovia"gustoume moito.Ó principio pareceume un pouco "asqueroso" pero segundo ía lendo non queria parar.Sen dúbida o mellor é o final.
Eva 1ºC

Anónimo dixo...

Este libro gustoume porque é divertido.As estravagancias que fai Estanislao fante rir.Tamén aprendes que se encerras a alguén nalgún sitio non poderá coñecer como é o mundo na realidade.Gustaríame ler a segunda parte.

Daniel 1ºC

Anónimo dixo...

Gustoume moito.Foi moi interesante.Cando o empecei a ler non podía parar.Animádevos a lelo.
Cora 1 C