2009/03/10

Cando petan na porta pola noite de X.P. Docampo


Neste libro vas ler catro relatos de misterio que Docampo adica a seus pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros......... Anímate a enfrontarte cos teus "medos".

5 comentarios:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Susana Losada dixo...

Sempre é un pracer ler este blog. Dan ganas de ler todos os libros que comentades. Aproveito para convidar a unha limonada

Anónimo dixo...

os dous 1ºs comentarios foron suprimidos? e logo?

Anónimo dixo...

Ás veces a propia persoa que os publica ten acceso para borralos (pode cambiar de opinión, etc). E se nalgún caso non se cumprisen as normas mínimas de corrección, entón os administradores teñen a obriga de suprimilos. Aquí non hai censura nos contidos, mais o sentido común e a educación deben estar sempre por diante. Papalibros nunca permitirá unha falta de respecto, ou cousas semellantes (e iso non quere dicir que así fose este caso, que descoñezo). Para que todos teñamos un clima de confianza, é moi importante que sempre nos identifiquemos e falemos en liberdade, pero con claridade e transparencia, dos asuntos desta plataforma (os libros, a lectura, os lectores,...).
Saúdos
Xosé Tomás