2009/02/09

La fórmula preferida del profesor


Auténtico fenómeno social en Xapón (un millón de exemplares vendidos en dous meses, e outro millón en formato de bolsillo, película, cómic e CD), a última novela de Yoko Ogawa convertiuna nunha recoñecida autora a nivel internacional dende a súa publicación en 2004. Nela cóntasenos delicadamente a historia dunha nai solteira que entra a traballar como asistenta na casa dun vello profesor de matemáticas que perdeu a memoria nun accidente de coche (mellor dito, a autonomía da súa memoria, que só lle dura 80 minutos). Apasionado polos números, o profesor irase encariñando coa asistenta e co seu fillo de 10 anos, ó que chama «Root» («Raíz Cadrada» en inglés) e con quen comparte a pasión polo béisbol, ata que se crea entre eles unha verdadeira historia de amor, amizade e transmisión do saber, no só matemático…
Velaquí unha boa novela que descubrín este outono, onde se atopan felizmente literatura e matemáticas. Téndela na biblioteca, por se lle queredes botar unha ollada.
Outra novela con intriga matemática que tivo boas críticas no ano da súa publicación: El tío Petros y la conjetura de Goldbach, de Apostolos Doxiadis, na que o protagonista, o sobriño de Petros, verase envolto nunha grande aventura no afán de resolver o famoso problema enunciado por Goldbach, que lle fará descubrir o pracer, pero tamén os perigos da matemática.
Cristina

2 comentarios:

adolfo+marocha dixo...

o de goldbach e boisimo , limolo case todos os da clase o ano pasado en matematicas con xose, recomendado!

Anónimo dixo...

Cielos! Que ben! Por fin coincidimos nalgún gusto!... É un comezo. Ata mañá, e ánimo con todos eses señores poetas, que logo pasan!