2009/02/13
El Tio Petros y la Conjetura de Goldbach, de Apostolos Doxiadis
Ola lectores, hoxe estrenome como novo colaborador do papalibros, e para comezar , tocame facer referencia a un libro xa mencionado na anterior entrada por Cristina, El Tio Petros Y La Conjetura de Goldbach escrito polo grego Apostolos Doxiadis.
Eu como afeccionado as matematicas considero que este libro e unha gran opcion , narranos a historia do sobriño do Tio Petros , que e un rapaz que sempre quixo coñecer a misteriosa vida do seu tio xa que casi nunca o ia visitar porque nunca estaba dispoñible...
Segundo vai medrando o rapaciño vai descubrido pouco a pouco que o seu tio fora matematico no pasado e deste xeito intenta descubrir mais cousas sobre el, e mesmo quere facerse matematico no futuro, pero a partir de aqui chegan os problemas , unha vez que llo di a seu tio, este proponlle resolver un problema que parece moi simple e ponlle como condicion que se o resolve poida acceder a estudar esa disciplina, pola contra se non o resolve debera firmar un "contrato" no que prometeria non estudala.
Logo de intentalo sen exito, vaise estudar a EEUU onde descobre que lle mandara resolver un dos problemas mais duros da historia das matematicas , a conxectura de Goldbach,: todo nº par maior que 2 e igual a suma de dous numeros primos , por exemplo 12=7+5, parece facil eh! pois veña poñedevos a resolvelo jeje.
O rapaz continua a investigar e descobre todo sobre a vida do seu tio que estivera intentando o problema durante 30 anos e que decidiu desistir ao final. Pero cando o seu sobriño lle seguiu recordando ese problema o Tio puxose de novo co problema e deixa un final aberto ... quizais o resolva e quizais non: ledeo e opinade.Saudos de Adolfo de 2ºA BAC.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
7 comentarios:
A ausencia clara que acentos ortograficos e unha licencia literaria do autor...
Benvido! Grazas pola entrada! Finalmente, vexo que lle sacas bastante proveito ás túas clases de literatura... Douche máis ideas subversivas: dende as vangardas experiméntase tamén coa puntuación e, en adiante, algúns autores escribirán textos sen parágrafos, nin signos de puntuación (un maldito agobio), como, ocórreseme agora, Cela en Cristo versus Arizona (1994). Velaí un novo reto!
non vos metades con el(pasalle como o meu ordenador que me falta a
tecla dos acentos...)a verdade e que me deches gañas de lelo..uff a ver se teño tempo estos carnavales...saúdos(aí si que funcionou..xD)
que recordos!!!! unha homenaxe a xosé, eh! jeje polo menos escollia libros que merecían a pena. a min este encantárame, e eu sigo que ó final si que atopara a solucion (ou quero crelo, se non o pobre moita sorte non tivo...)
Eu prefiro pensar que non chegou a dar coa solución. Coido que na vida real iso é o que seguramente pasaría.
É un libro estupendo que eu recomendaría para todos aqueles que gustan das mates e da lectura.
Parabéns dende Arzúa.
Por certo unha suxerencia para o administrador (con moito cariño, por suposto) a cor do día non se distingue coa cor do fondo do blog, quizáis sería interesante cambiala...
Bicos
e que da gusto como escribe este tipo , se non fora pola barba ata lle daria o aprobado.
Que ilusión! Unha visita dos nosos veciños! Benvidos!Moitas grazas! Tomamos boa nota da suxerencia da data, é certo, non se distingue ben, hai que cambialo!
Publicar un comentario