2008/06/02

On the road



Novela de lectura fácil que lembra na súa totalidade a eses telefilmes que botan en todas as canles as tres e media e que axudan na ben merecida sesta.
Un pai e un fillo, tras unha catástrofe (non sabemos cal) percorren unha estrada estadounidense na procura dos "homes bos" e das cálidas terras do sur. Na súa monótona andaina hanse atopar en toda clase de situacións complicadas: homes que comen os seus fillos, fame, enfermidade, a morte de deus...
As imaxes e situacións que se nos presentan na lectura non deixan de ser unha amalgama do xa coñecido: Mad Max, O planeta dos simios, Soy leyenda... Esta novela sería un spin off do consolidado xénero de cine de catástrofes e malia que as súas descricións non deixan de ser moi boas, non nos achega nada novo.

Eu creo que na mesma liña hai libros ben mellores: Crónicas marcianas, O mecanoscrito da segunda orixe, Un mundo feliz...

1 comentario:

eSme dixo...

Pois a min en cambio enganchoume desde o principio. Esperabame outra cousa no final, que explicaran un pouco máis, ainda que recoñezo que non é un libro para todas as persoas, porque hai escenas que polo menos a min...