La voz dormida de Dulce Chacón cóntanos a dura vida das mulleres republicanas nos cárceres franquistas.
É o relato das vidas dos combatentes anónimos que non estaban preparados para perder a Guerra Civil e nas páxinas da novela asistimos ao sufrimento innecesario dun monte de personaxes que capítulo a capítulo van tecendo e destecendo as súas vidas truncadas.
Dulce Chacón permítenos oír a todas aquelas voces que aínda tiñan unha historia que contar sobre a contenda española e que ata o momento estaban ben durmidas ou ben silenciadas.
Unha novela sobre sentimentos, pero que consegue non caer na sensibleira nin na lágrima fácil e que nos achega a uns acontecementos aínda vivos da nosa historia. Unha delicia e na mesma liña anda o premiado El corazón helado de Almudena Grandes, por se che cae nas mans e tes curiosidade.
1 comentario:
Sen dúbida unha das mellores novelas da guerra.Relata a vida de mulleres presas na cárcere de ventas ou na gerrilla, o cal e bastante impactante. Fainos dar conta de que detrás de guerra non están so homes, senón mulleres que loitan por sair adiante.
Publicar un comentario