A semana pasada os Papalibros xunto coas alumnas e alumnos das aulas de teatro fomos ao Salón Teatro de Compostela para ver KASSA, a cargo da compañía coruñesa O Elefante Elegante.
Kassa é unha homenaxe á Metamorfose de Kafka no centenario de da súa publicación e é unha versión libre da obra. Se Gregorio Samsa se metaforseaba en cascuda debido a mala vida que levaba polo exceso de traballo e ao tedio acumulado, o protagonista de Kassa vese convertido en animais varios por todo contrario: á perda do traballo, que conleva a perda do seu tren de vida nunha sociedade consumista e baleira e, irremediablemente a perda do fogar e da propia identidade.
Para contarnos esta historia o Elefante Elegante conta cunha magnífica compañia de actores que, cunha forma física e formación artística impresionantes, interpretan as letras dunha banda sonora propia, creada por artistas galegos, ao tempo que danzan e fan acrobacias. Cómpre destacar a espectacular escenografía que se converte nun personaxe máis, unha casa que vai evolucionando á par dos seus donos e acaba desintegrándose con eles. Parabéns a toda a compañía e grazas por engaiolarnos con esta historia.
2015/02/09
2014/12/07
SINSAJO, A PELÍCULA
Aproveitando que aínda non comezou o agobio dos exames da 1ª avalaiación, o pasado xoves 4 achegámonos até Lugo para ver no cine Sinsajo, esa tan esperada terceira parte de Os xogos da fame. Algunhas e algúns papalibros apuraron apuraron a lectura deste último volume da triloxía, porque hai moito maniático/a a quen lle gusta ler primeiro o libro e logo ver a película.
Nesta entrega vimos como a superheroína e protagonista, Katniss Everdeen, se atopa no distrito 13 despois de acabar cos Xogos da Fame. Dende este distrito rebelde, Katniss tratará de salvar a Peeta, que se atopa en poder do Capitolio, o goberno central que controla de forma totalitaria os demais distritos.
2014/10/27
HOMENAXE A XAQUÍN YEBRA
Se no medio do verán interrumpíamos as nosas vacacións para dar a triste nova do pasamento de Xaquín Yebra, agora, cos nosos sentimentos máis repousados, quixemos dalgún xeito "corresponder" a este profesor e amigo por todo o que nos aportou como alumnas e alumnos, compañeiros, profesores, lectores..., e sobre todo, como persoas.
O noso obxectivo, cando ideamos este acto, no era só honrar a memoria de Xaquín, profesor inesquecible para unha gran parte da comunidade escolar do IES de Melide. Queríamos tamén recordar que Xaquín foi un loitador incansable de causas xustas, recuperador da memoria histórica, defensor dos dereitos dos presos, asistente e apoio e de calquera persoa desprotexida ante a lei... e, en resumo, UNHA BOA PERSOA.
Xaquín era extremadamente culto, lector infatigable a quen os libros non distanciaron do mundo e da xente, senón que o fixeron mellor persoa. Compartía o seu saber, observábanos a todos e cada un de nós e era quen de adiviñar a lectura, o libro, o poema que nos ía encantar, que ía cambiar a nosa vida. Ensinaba Historia de forma diferente, a través de lecturas, centrándose nas cuestións realmente importantes. Nunca escondeu o seu compromiso social, foi unha persoa coherente.
Con todos estes elementos era difícil que a Homenaxe que se lle dedicou o pasado 25 de Outubro non fose fortemente emotiva.
O acto foi conducido maxistralmente por Zeltia Laya, exalumna do IES de Melide, e nel participamos un gran número de persoas que tiñamos en común o noso afecto por Xaquín. Despois da benvida a cargo do director do centro, Jaime Couto, Edi Carregal, exprofesora do IES de Melide, abriu o acto cun poema seu dedicado a Xaquín. Seguiu un recital poético a cargo do alumnado de 2º BAC, case todos eles ex-alumnos de Xaquín, que leron unha selección de textos cos que Xaquín nos fora agasallandoa todos ao longo destes anos. Diego Q. Sesar leu tamén un poema de seu dedicado ao profesor. Genaro, antigo conserxe, dirixiu a prantación dun carballo mentres Mini e Mero interpretaban as súas melodías.
Xa na biblioteca, agora "Biblioteca Xaquín Yebra", un pequeno grupo de alumnas e alumnos de música, dirixido por David Canoura, interpretou melodías de Bartok e música xitana, mentres se recitaban os últimos poemas, textos de Bertold Brecht, Juan Ramón Jiménez, Miguel Hernández, Blake, Jean Rhys.... Abriuse unha quenda de diferentes intervencións, inaugurada por Lucía e Elisa, muller e filla de Xaquín, que fixeron o esforzo de compartir con nós este día, a pesares de que a súa dor aínda estaba latente. Interviron familiares, amigos como Fernanda Cedrón, Quico Martínez e Carlos Cimadevila, do colectivo defensor da memoria histórica, antigos presos e os seus familiares, alumnas, exalumnos, profesores, exprofesores... todos a quen a benquerenza a Xaquín foi quen de xuntarnos.
Aínda que o mellor agasallo para a comunidade escolar do IES de Melide foi a presenza de Xaquín e o que nos aportou durante todos estes anos, a biblioteca recibiu, ademais, dous fermosos agasallos: un retrato de Xaquín e unha fermosa porta de arte africana.
O acto foi sinxelo, sentido e moi fermoso. Foi unha xornada que serviu para esconxurar a nosa tritura grazas, en gran parte, ao bo facer do alumnado do IES de Melide, os máis sinceiros parabéns.
2014/10/05
Os Papalibros ven monicreques
O pasado venres 3 de outubro os Papalibros estreamos programa de actividades extraescolares asistindo a representación de "Poemas Visuales", dentro do Festival Internacional de Títeres Galicreques 2014.
Esta actividade, que tiña como destinatarios ao alumnado e Reforzo de 1º Ciclo de ESO e aos Papalibros, encadra perfectamente dentro do tema de traballo da biblioteca para o presente curso, Homo habilis, que centra a atención na importancia da habilidade manual na nosa cultura. Así vimos como as habilidades de tres artistas foron capaces de vida a infinidade de letras que se transformaban en persoas, animais, cousas...
"Poemas Visuales" é un espectáculo de títeres de variña que os titiriteiros, vestidos de negro, manipulan sobre unha mesa cun telón de fondo negro. As marionetas son letras e tiras brancas que se combinan para formar personaxes que tanto poden bailar un delicado ballet coma un zapateado flamenco ou facer un perigosísimo salto de pértiga. A súa linguaxe é universal porque o emprego do idioma, castelán, é mínimo e predominan a música e as onomatopeias.
Despois do espectáculo fixemos un rápido percorrido pola zona vella, vimos a catedral por fóra e gustáronnos especialmente os mimos da praza do obradoiro, que parecían auténticas estatuas do apóstolo Santiago e un anxo.
Quédanos pendente unha visita máis calmada da zona vella de Santiago e da catedral, porque aínda que vivimos en pleno camiño de Santiago, algúns Papalibros non coñecen nada ben estes lugares.

2014/10/04
VOLVEMOS COAS NOSAS XUNTANZAS DOS MÉRCORES
Como todos os anos por estas datas, os Papalibros voltamos coas nosas actividades e o mércores 1 de outubro tivemos a nosa primeira reunión co alumnado de 1º ciclo de ESO. Seguindo os nosos costumes, xantamos xuntos no xardín do instituto aproveitando o bo tempo, collemos algún libro da biblioteca e falamos dalgún libro que nos gustou, como as triloxías Diverxente, os Xogos da Fame ou a serie de manga Zelda, da que xa temos os dez primeiros números na biblioteca.
Comezamos anunciando xa actividades como a asistencia ao Galicreques 2014, o Festival internacional de Títeres que se celebra cada ano a principios de outubro en Santiago de Compostela.
Comezamos anunciando xa actividades como a asistencia ao Galicreques 2014, o Festival internacional de Títeres que se celebra cada ano a principios de outubro en Santiago de Compostela.
2014/06/25
DESPEDIDA DOS PAPALIBROS EN FURELOS
Como en anos anteriores e grazas a que o tempo acompañou, os Papalibros puidemos facer o pasado mércores 18 de xuño a nosa despedida na praia fluvial de Furelos.
Xuntámonos os clubs de 1º, 2º e 3º de ESO, se ben é certo que coa actividade frenética que tivemos a pasada semana no instituto algúns Papalibros tiveron que quedar a difrentes ensaios de teatro e música, para preparar o impresionante concerto que tivo lugar o venres 20.
É unha realidade que os Paplibros sempre participan nun montón de actividades ademais do club de lectura, moitos mércores deste curso os profes case tiñamos que "rifarnos" ao alumnado para poder levar adiante outros proxectos como Cine en curso, Lights, camera, action!, Cineforum... Esta circunstancia fixo que nos dispersaramos un pouco máis e que non levásemos a cabo actividades que fixemos o ano pasado, como unha viaxe da máis de un día, que si que botamos de menos...
A pesares de que fixemos poucas saídas, a maioría dos Papalibros teñen intención de seguir o curso próximo e nós facemos "propósito da emenda" para non defraudalos.
Moi bo verán a todas e todos, cheo de lecturas marabillosas!!
2014/06/14
DESPEDIDA DAS PAPALIBROS ADULTAS
As nosas nosas lecturas para comentar eran, coma sempre, un cómic e unha novela: La casa dorada de Samarcanda, unha aventura de Hugo Pratt protagonizada por Corto Maltés; e Botchan, de Natsume
Soseki, un clásico da literatura xaponesa.
Soseki, un clásico da literatura xaponesa.
La casa dorada de Samarcanda fixo as delicias dalgunhas lectoras. Hugo Pratt é un mestre en mesturar ficción e realidade histórica, e nesta aventura coloca ao noso heroe Corto Maltés no Oriente próximo convulso dos anos 20 do pasado século, pouco despois da primeira guerra mundial. Corto, infatigable aventureiro, vai na busca do tesouro de Alexandre Magno, seguindo a pista doutro aventureiro histórico, E. Trelawny, que fora amigo de Byron e Shelley. O noso heroe comenza o seu periplo na illa grega de Rodas, continúa por Turquía e percorre o Kurdistán, Pakistán, Afganistán... onde topa con persoeiros históricos coma Enver Bey, un dos Xovenes Turcos que lideraron a revolución que convertíu a Turquía nunha nación moderna e tamén un dos responsables do xenocidio armenio. Ademais das numerosas referencias históricas, o álbum está cheo de guiños ao mundo clásico: Casandra, a amiga de Corto que adiviña o futuro, o seu irmán Narciso, a viaxe de Xasón... Pero talvez o mellor de todo sexa ese xenial personaxe, Corto Maltés, un heroe romántico, cosmopolita, auténtico galán de amores platónicos, audaz pero temperado, inalterable e tranquilo nos momentos de perigo, nobre e xeneroso... que ten como contrapartida a Rasputín, o seu amigo medio delicuente, medio aventureiro, mullereiro, vengativo, cruel e en todo punto excesivo.
Botchan é unha simpática novela de Natsume Soseki, escritor consagrado da literatura xaponesa, que narra as venturas e desventuras dun xoven e novato profesor de secundaria, destinado a unha provincia remota do Xapón. O protagonista, Botchan (que en xaponés significa "neno consentido"), sufrirá as novatadas non só dos alumnos, senón tamén de parte do claustro de profesores, que se aproveitarán da súa inocencia para levar a cabo os seus plans de promoción persoal, con fins pouco educativos. A historia amósanos unha sociedad xaponesa de principios de século XX, en plena Era Meiji, que é testemuña da descomposición do sistema feudal e do nacemento dunha nación moderna que ameaza con convertirse nunha gran potencia, despois de derrotar a Rusia en 1905.
Pero ademais das nosas lecturas falamos de infinidade de temas e escoitamos simpáticas e interesantes historias persoais, como a de Mary, que conseguiu mercar a súa primeira colección de libros traballando na taquilla da histórica discoteca Escorpio, despois Xanadou e actualmente Palladium. Falamos da nosa infancia e dos nosos hábitos lingüísticos, de porque moitos lectores/as rexeitan ler en galego ou lles custa máis.
Botamos moito de menos a Isabel, Amparo, Isa, Trini... que non puideron asistir. Agardamos seguir véndonos no próximo curso e desexamos un verán feliz, cheo de boas lecturas.
2014/06/06
VII Xornada dos clubs de lectura
Este venres 6 de xuño o club de lectura Papalibros acode unha vez máis nas xornadas de clubs de lectura de toda Galicia que soen celebrarse nestas datas en Santiago, pero esta vez farao dun xeito máis activo, participando na mesa redonda: "Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs de lectura e o papel da persoa mediadora".
Compartiremos mesa con coordinadoras de clubs de lectura moi activos, como Gracia Santorum do IES Pintor Colmeiro de Silleda, coautora de Trafegando Ronseis, un blog de referencia; con Mª Xesús Sarmiento do IES San Mamede (Maceda, Ourense) e Ana Belén Durán Pernas, do IES Xograr Afonso Gómez, ambos clubs de lectura cos blogs Pasamos páxina e Biblioxograr.
Os Papalibros teremos a oportunidade de expor a nosa opinión sobre clubs de lectura e o papel do mediador, só agardamos poder estar a altura de tan boa compaña.

2014/06/03
DIVERGENT, SESIÓN DE CINE PARA OS PAPALIBROS
O pasado xoves 23 de maio, o club de lectura Papalibros, xunto coas alumnas/os de outras actividades extraescolares (a nosa emisora Falamelide, Cine en curso, Cineforum, "Lights, camera, action"...) disfrutamos dunha sesión de cine en Lugo.A película elixida foi Divergent, baseada na novela de Veronica Roth, primera dunha triloxía tamén co mesmo título. Esta triloxía é un dos grandes éxitos dos Papalibros neste curso 2013-14 e forma pate de toda esta serie de triloxías de moda ambientadas nun futuro distópico. Na nosa última reunión falamos un pouco de que ven sendo iso de distópico, de distopía. A distopía sería o contrario da utopía, algo non desexable, malo, que se moitas veces se atopa nun futuro imaxinario que non supón un empeoramento das condicións de vida. É ese futuro que vemos en Os xogos da fame, Diverxente, a saga Delirium...
En Diverxente preséntasenos unha sociedade dividida en faccións que no seu día se crearon para evitar os males que conduciron a unha terrible guerra. Estas faccións levan os nomes de virtudes como Osadía, Abnegación, Cordialiade, Erudición e Verdade. A idade de 16 anos os mozos e mozas deben "elexir" a que facción queren pertencer, atendendo as súas porpias características e aos resultados dun test. Beatrice, a protagonista, descubre que ela ten características polas que podería formar parte de
diferentes faccións, é unha diverxente e a súa vida correrá perigo.
Se viches a película e che apetece ler os libros, pásate pola biblioteca, e a ver se hai sorte e os exemplares non están prestados!
2014/05/21
CONTRATO CON DIOS
La vida ante si é unha novela ambientada nunha banlieue de Paris nos anos 50, onde Momó, o protagonista, narra a súa infancia e incipiente adolescencia na casa da señora Rosa, unha antiga madame xudea que malvivía criando aos fillos das prostitutas. O ton narrativo é unha mestura de inxenuidade e clarividencia, de ternura e dureza que fan da novela un relato agridoce cheo de frases maxistrais que ben poderían convertilo nun compendio de citas.
Contrato con dios, na edición de Norma editorial, é unha triloxía de W. Eisner, que ademais da obra do mesmo título, abarca Ansia de vivir e La avenida Dropsie. O fío conductor das tres parte é a Avenida Dropsie, unha rúa de New York testimuña da historia e da evolución da cidade. Nela vanse asentando por quendas emigrantes de distintas procedencias: holandeses, ingleses, irlandeses, alemáns, italianos, xudeus, hispanos, negros e por último xitanos... todos eles "opóñense ao que chega". Aínda que a auténtica protagonista é a rúa, hai historias maxistrais como a de Jacob, que comeza envexando a unha cascuda porque ela non ten a necesidade de responder á pregunta "para que vivimos?", abóndalle coa súa ansia de vivir para sobrevivir. Coincidimos con R. Crumb en considerar esta segunda parte da triloxía, Ansia de vivir, coma unha obra mestra.
Ademais do seu contido literario e artístico, esta triloxía dá conta dos principais acontementos que marcaron a historia de EEU do s. XX, e en particular aqueles relacionados co pobo xudeu, polo que se convirte nunha amena e acertada crónica da historia recente norteamericana.
2014/05/16
A PRIMAVERA DOS PAPALIBROS
Por fin sae o sol e os Papalibros puidemos facer unhas das cousas que maís nos gustan, despois de comer as nosas pizzas de costume, ler estomballados na herba. A estas alturas de curso case ninguén se atreve a empezar un libro "gordo", polo que algunhas se decantan polas lecturas pendendes de clase (E Xoel a prendeu a volar) e outros por cómics, sobre todo os que tratan a temática da segunda guerra mundial, como Érase una vez en Francia ou La prórroga, que incorporamos hai pouco á nosa biblioteca. Os dous sitúan a súa acción na Francia ocupada, pero mentres La prórroga se centra no heroico papel da resistencia, Érase una vez en Francia ocúpase dese lado escuro que ao pobo francés lle custa admitir, o seu colaboracionismo coa ocupación nazi.
Agardamos que o tempo se manteña e poidamos facer algunha sesión na nosa praia fluvial de Furelos, coma outros anos.
2014/04/25
23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO
Este mércores 23 de abril tivemos unha das nosas reunións de Papalibros, de 2º de ESO neste caso, e non quixemos deixar pasar a oportunidade para facer algunhas recomendacións dos nosos libros favoritos, bota un ollo.
2014/04/23
TODO SE ESFARELA, UN POUCO DE LITERATURA AFRICANA
Neste proceso de inmersión noutras literaturas que tentamos facer de cando en vez no club de adultos, tocoulle a quenda a África, con Todo se esfarela (ou Todo se desmorona, na súa versión en castelá) do nixeriano Chinua Achebe.
A acción desenvólvese a finais do século XIX nun conxunto de poboados ibo, unha das etnias maioritarias de Nixeria, e relata a vida Okonkwo, lider local e campeón en loita. Aínda que a vida de Okonkwo sofre avatares varios que debilitarán ou seu liderazgo, será a chegada do colonialismo británico precedido dos misioneiros cristiánsa modo de "avanzadilla", a que se encargará de que todo se esfarele definitivamente.
Nas súas páxinas Achebe é quen de transmitirnos importantes aspectos da cultura ibo, o seu o seu sentido de pertenza á terra, as relacións familiares (fermosísima a descrición do concepto de nai), os seus ritos ancestrais, o seu sentido da xustiza ou mesmo a cruedalde dalgúns dos seus costumes. Ao mesmo tempo crea en Okonkwo un personaxe que se enfronta ao dilema de elexir entre a súa ansia de liderazgo e o amor aos seus, despiadado ás veces e que non é quen de enfrontarse ou comprender os seus propios sentimentos a pesares da súa probada fortaleza.
Pero pouco a pouco vanse introducindo elementos alleos na vida dos ibo. "Dende o primeiro momento, igrexa e educación foron da man" e así, o sr. Brown, un intelixente misioneiro tolerante, vaise facendo sitio nos poboados de Umofia comezando por convertir aos parias. A confrontación das distintas culturas acabará coa vida de Okonkwo e será o fin da cultura ibo.
O final do libro coa súa referencia ao colonialismo é maxistral:
A historia deste home (Okonkwo) que matara un oficial e se colgara resultaría ben interesante. Case daba para escribir un capítulo enteiro. Se cadra un capítulo enteiro non, pero un bo párrafo abofé que si. Era tanto o que tiña para escribir, que había que ser estrito para non estenderse en detalles. Despois de darlle moitas voltas, xa escollera o título do libro: "A pacificación das tribos primitivas do Baixo Níxer"
2014/03/21
LOS IGNORANTES, A COMPLICIDADE ENTRE O COMIC E A CULTURA DO VIÑO
A par que degustamos virtualmente a bodega de Richard e vemos os progresos no bacelo van desfilando ante nós grandes autores de cómic, na súa maioría franceses, como Gibrat, Moebius, Juillard, Trondheim... e grandes obras como Maus ou Watchmen. Davodeau escolle os tons grises e ocres para a súa historia, pero non por elo a imaxe perde luminosidade ou matices, quedando perfectamente perfilado o cambio das estacións ou a evolución dos personaxes. Magníficos os listados finais de comics lidos e viños "bebidos", a modo de memoria deste proceso de iniciación. Sinal de que o libro cumpriu o seu cometido é que algunhas lectoras sucumbimos as citas doutros comics, a modo das miguiñas de pan sinalando o camiño, e limos outros títulos como El Fotógrafo, de D. Lefèvre, seguindo a pista dalgúns personaxes do libro.
E para ambientar o noso encontro no club de lectura de adultos, que mellor que que unha boa degustación de viño de Monterrei e viandas da Terra de Melide.
2014/01/30
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Dentro das actividades organizadas para o Día da Paz, que podedes consultar en Biblomelide, na biblioteca seleccionamos uns cantos libros e películas que tratan este tema.
Contamos con novidades relacionadas coa segunda guerra mundial, tema que suscitou interese nos Papalibros máis pequenos, xa que que ne 1º de ESO están vendo películas como O neno co pixama de raias ou A Lista de Schindler. Na nosa mesa está La segunda guerra mundial, un libro de contidos asquibles ben ilustrado, editado en Alhambra- Pearson; cómics como el Gran duque, unha historia de aviadoras rusas e pilotos alemáns, Érase una vez en Francia, sobre o colaboracionismo francés cos nazis; ou El vuelo del cuervo, que da conta das aventuras de Jeanne, un moza que colabora coa Resistencia e o pillabán François.Tamén temos novidades editoriais como Yo soy Malala, que non necesita presentación, a novela gráfica Thoreau, o la vida sublime, que da conta da vida do pioneiro do ecoloxismo e a desobediencia civil ou Los surcos del azar, a última novela gráfica de Paco Roca, que desenterra do esquecemento a loita dos exiliados republicanos despois da guerra civil seguiron loitando contra o fascismo e participaron na liberación de Paris polos aliados.
Deixámovos cunha páxina deste álbum, onde Paco Roca, coa súa habitual mestría, é quen de construír unha emotiva historia humana ao tempo que recupera a memoria histórica de tantos loitadores olvidados.
2013/12/16
SESIÓN INTERXENERACIONAL
Este é o aspecto da nosa última sesión deste ano 2013: nais, pais, alumnas, profes e unha antiga alumna do centro que está a facer o seu máster no IES de Melide, para poder ser tamén profesora (se a crise non o impide...)
Como soe acontecer os primeiros mércores de mes, o club de adultos reuniuse na biblioteca á hora da merenda do mércores 4 de decembro. Os libros dos que nos ocupamos nesta sesión eran, Patrimonio, una historia verdadera, de Ph. Roth e a novela gráfica Maus, de Art Spiegelman. Esta última ven sendo xa un clásico no noso club de lectura, como podedes ver noutras entradas deste blog.
En todas as ocasións, contamos co apoio da Rede de Bibliotecas públicas galegas, que nos facilitaron unha chea de exemplares para que todas e todos puidésemos ler o libro a un tempo. Así ao tempo que se lía Maus no club de adultos, as nosas fieis lectoras de 2º ciclo de ESO facían outro tanto. Que mellor, entón, que facer unha sesión mixta?.
Acompañad@s de café e pastas, cos Papalibros non pode ser doutro xeito, demos conta unha vez máis deste clásico do cómic, premio Pulitzer en 1992, pioneiro dunha nova vía na novela gráfica contemporánea con base histórica e autobiográfica, fronte a vía de superheroes, tipo Watchmen, ou costumbrista de w. Eisner.
Está claro que o holocausto é un tema ben documentado e inesgotable, que nos deu pé a falar doutros libros e películas. Maus non só nos conta a Historia, senón tamén esta outra historia con minúscula, a historia dos homes e mulleres que refiren os seus sufrimentos en primeira persoa. Sufrimentos que van máis alá das víctimas e son herdados por unha segunda xeración que non se cre con dereito a levar unha vida tan fácil, como é o caso do autor, Art Spiegelman, que decide contar a historia do seu pai non só para preservar á súa memoria, senón como purga dun pasado poboado de mortos. Temos, entón dúas liñas temporais: a historia de supervivencia de Vladeck (a Historia) e convivencia de Archy (Art Spiegleman)co seu pai e o seu pasado familiar.
As nosas Papalibros vanse facendo unhas expertas en cómic e empezan a apreciar detalles como fondos, texturas, tipos de viñetas, ou o espléndido uso de animais antropomórficos que representan unha etnia ou país.
Certo que a nosa hora e media pasou voando e teremos que deixar o estupen libro de Roth, Patrimonio, una historia verdadera, para o novo ano.
E aproveitamos a ocasión para desexarvos un feliz nadal cheo de boas lecturas, e un aninovo aínda mellor. Non esquezades provervos de fondos na nosa biblioteca, imprescindibles para pasar o inverno.
2013/10/18
Brújulas que buscan sonrisas perdidas
Nunca dejaré de buscar mi archipiélago de sinceridad... ¿Quieres formar parte de él? «Jamás nos mentiremos... Escúchame bien, eso implica algo más que ser sincero... En este mundo mucha gente es falsa... Las mentiras te rodean... Saber que existe un archipiélago de personas que siempre te dirán la verdad vale mucho... Quiero que formes parte de mi archipiélago de sinceridad...» «Saber que puedes confiar en la otra persona, que nunca te mentirá, que siempre te dirá la verdad cuando se lo pidas, no tiene precio... Te hace sentir fuerte, muy poderoso...» «Y es que la verdad mueve mundos... La verdad te hace sentir feliz... La verdad creo que es lo único que importa...»Aquí tedes unha crítica do libro: http://alcalordeloslibros.blogspot.com.es/2013/06/brujulas-que-buscan-sonrisas-perdidas.html. Fans de Espinosa, o libro está agardando por vós na biblioteca do IES de Melide.
2013/10/17
VOLVEN @S PAPALIBROS!!
Nestas primeiras reunións fixemos un balance das lecturas do verán e decidimos dar continuidade a algunhas das series e sagas que introducimos a fin de curso: mercamos Pandemonium, a segunda parte de Delirium; Zafiro e Esmeralda, para continuar Rubí, continuamos a saga Legados de Lorien (Soy el número cuatro) con El poder del seis e El ascenso del nueve, e algunha novidade máis que podedes a topar na mesa da biblioteca. Temos que dicir que as rapazas e rapaces do 1º ciclo de ESO son os máis participativos en actividades do instituto. Ademais de club de lectura, os mércores tamén teñen Cineforum de sociais e a actividade "Luces, cámara, acción!!" que coordina o departamento de inglés no marco dos contratos progama, polo que os profes que estamos implicados en todo isto temos que facer "quendas" con eles/as.
O club de adultos arrancou tamén o mesmo día que os máis pequenos, o mércores 16 de outubro en horario de tarde-noite. Como é costume nos Papalibros tamén "papamos", merenda neste caso, como podedes ver na foto. Decidimos comezar con dúas lecturas bastante diferentes, que teñen en común que ambas foron levadas ao cine: a novela gráfica Persépole, de M.Satrapi e A clase, de F. Bégaudeau. A lectura destas obras é posible grazas as eficientes xestións da Biblioteca de Galicia, que nos facilita sempre con prontitude os exemplares precisos, grazas, compañeiros! E aos que todavía non vos decidistes, consultade na biblioteca o próximo día de reunión e vide probar!
2013/06/22
DESPEDINDO O CURSO CO LAPIS DO CARPINTEIRO E CRUZ CONCHEIRO
Moitos eran os libros dos que tiñamos pendente falar na nosa última sesión dos Papalibros adultos: Afirma Pereira, O club de Calceta, Cinco horas con Mario... pero todo o noso tempo foi para o Lapis do carpinteiro. Á parte de que a novela o mereza, a presenza da nosa compañeira Cruz Concheiro fixo que as case dúas horas da nosa sesión nos resultasen curtas.
Cruz, sobriña neta de Chonchiña Concheiro, en quen se inspira o personaxe de Marisa Mallo, deunos conta desa historia real de amor, guerra e represión que inspirou a Manuel Rivas a súa novela. Grazas a ela coñecimos vidas fascinantes que ás veces poden superar a ficción e a delicada e case máxica relación que existe entre a realidade e a creación literaria.
O tempo, en efecto, voou e quedáronnos por comentar outros aspectos, xa máis literarios, da obra. Tamén nos quedaron moitas ganas de coñecer a pequena biografía de Chonchiña que se publicou en México. Malia a falta de tempo, foi un remate estupendo para despedir este curso.
Ao final, as Papalibros cargáronse de libros a toda présa para devorar no verán. Facendo unha valoración algo apurada, podemos afirmar que o club de lectura foi un espazo no que nos atopamos moi cómodas dende o principio e no que cada vez afondamos e abormados máis temas, que teñen a lectura como punto de partida a lectura. Contamos con continuar a nosa actividade no outono, no comezo do curso e non vai haber sesión que nos chegue para falar de todo o que nos apeteza. Feliz verán e felices lecturas, Papalibros!

2013/06/21
Despedimos o curso
Pois a diferenza doutros anos, desta vez o tempo impediunos facer a nosa despedida en Furelos, festexo que inauguramos o curso pasado, e tivémos que conformar con comer no porche cuberto do instituto. Menos mal que Xan, o da cafetería, que ven sendo como o noso Mecenas, nos aprovisionou de mesas e cadeiras.
Neste día aproveitamos para facer un montón de préstamos de verán. Viñamos de gastar gran parte do noso presuposto en novedades e case todas se emprestaron: Soy el número cuatro, Divergente, Rubí, Generación Dead, Rojo, Las Torres de Malory, os novos títulos de R. Riordan, ou A Evolución de Calpurnia Tate (versión galego) voaron da mesa de novidades, ataviada nesta ocasión como recuncho de praia.
Case todos/as os Papalibros contan seguir no club o ano que ven, co cal teremos un par de grupos ben nutridos nos mediodías dos luns e dos mércores. Feliz verán e moita lectura.
2013/06/18
VIAXE A VALLADOLID E SEGOVIA
Por fin conseguimos facer un vídeo da viaxe que as/os Papalibros e alumanos de Cultura clásica fixemos no mes de maio a Valladolid e Segovia. En Valladolid asistimos ao TAC (Teatro y Artes de Calle) e vimos uns espectáculos moi variados e de gran calidade. Unha idea de teatro diferente da que levaban algúns dos nosos viaxeiros/as. A viaxe foi estupenda e o alumnado, como xa é costume en Melide, respondeu de marabilla. Así calquera organiza viaxes!
2013/06/01
DESPEDIDA AS ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º DE BAC
Este ano o alumnado de 2º de BAC quixo despedirse do centro celebrando unha gran festa de graduación. O club de lectura Papalibros, aínda que non se sumou aos "fastos" do día, quixo aportar algo e facer un pequeno agasallo ao alumnado que marcha, seguindo o seu camiño fóra xa do instituto.
E como este foi un ano no que andivemos a voltas coas viaxes, que mellor despedida que A Viaxe a Itaca, de K. Kavafis, ilustrada con algunhas das viaxes das nosas alumnas e alumnos? É unha inciativa que xa fixemos outros anos, pero que este ano ampliamos gustosamente a todo o alumnado.
Desexando que o IES de Melie vos ofrecese fermosas mercancías, que a vosa viaxe sexa longa, chea de aventuras e chea de coñecemento. Nos ficamos agradecidos pola parte de camiño que compartimos con vós.
2013/05/21
LENDO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Unha lectura dramatizada de textos de Animaliños foi a homenaxe que as e os Papalibros fixeron a Vidal Bolaño, autor dedicatario das Letras Galegas neste ano 2013.
Roberto Vidal bolaño foi ante todo un home de teatro, nas súas versións de autor e actor, segundo as súas propias palabras: "Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas". Foi un home comprometido coa nosa cultura, unha figura fundamental para a creación do teatro nacional galego profesional. Foi un home rebelde, díscolo e icómodo ás veces, en palabras de Camilo Franco “non se acomodou. Non se deixou levar, monologou cun mundo que non sempre escoitaba e a súa obra segue tan viva que revitalizará ao longo de todo un sector escénico enfrontado á súa crise continua”.
En Animaliños abórdase a sociedade actual e a súa relación coa natureza. Como noutras obras, Vidal Bolaño recurre ao humor e a ironía para contarnos a historia duns veciños dunha urbanización que se ven atacados por unha praga de caracois. A obra artéllase es escenas polas que desfilan toda unha serie de personaxes satirizados con mestría: representantes da cultura oficial e veciños urbanitas de todo tipo recén hipotecados.
Os e as Papalibros, como en ocasión anteriores, non dubidaron e presentarse voluntarias e voluntarios, para deleitarnos coa lectura dalgunhas escenas coa súa habitual eficacia. Non quedou dúbida que deberíamos explotar máis as dotes interpretativas dalgúns Papalibros.
Rematamos este pequeno tributo ao autor coa proxección de fragmentos da filmografía máis representativa do homenaxeado, Sempre Xonxa e A Lingua das bolboretas

2013/05/14
NADA, de Carmen Laforet
O club de lectura de Papalibros adultos arrancou con forza e goza de boa saúde, a xulgar polas sesións celebradas.
Aínda que tiñamos varios títulos para comentar, Nada de Carmen Laforet ocupou a maior parte do noso tempo.
Andrea, a protagonista desta novela, chega en plena postguerra a Barcelona para estudiar na universidade. As súas ilusións e expectativas véñense abaixo tan pronto entra na casa da súa avoa, onde dará cunha familia sumida na miseria moral e material, na que os seus membros, destrozados pola guerra, intentan sobrevir ao fracaso persoal en medio do odio e sordidez. Fronte a este mundo escuro de perdedores está o ambiente universitario, no que os compañeiros de Andrea, de extracción social máis alta, teñen outros horizontes e perspectivas e, sobre todo, esperanzas e posibilidades de futuro. Son os que conseguiron sobrevivir á guerra (ou incluso os que sacaron bo partido dela) como Ena, a mellor amiga de Andrea, e a súa familia, que se contrapoñen á familia da protagonista coa súa luminosidade, aínda que tamén teñen as súas zonas de sombra.
A guerra apenas se menciona, deixa barcos afundidos e ruínas na cidade, pero está omnipresente en todos os personaxes, marcando a vencedores e vencidos. Con só 23 anos Carmen Laforet fai unha radiografía da sociedade española da primeira postguerra, representada nesta familia da rúa Aribau, amosándonos xentes sen recursos, sen esperanzas, empuxadas á crueldade para a súa supervivencia. Resúltanos chamativo como este tono aterrador de denuncia puido pasar desapercibido para a censura franquista, que non só permitiu a publicación da novela, senón tamén a concesión do primeiro Premio Nadal en 1944.
A prosa de Laforet é fermosa, áxil e sinxela, ao tempo que profunda e contundente. Non menos interesante é a galería de personaxes que nos mostra, os dous tíos varóns que se odian pero se aman, talvez metáfora deses españois que se viron envoltos nunha guerra fratricida; o cruel, despiadado pero tamén apaixonado Román, a maltratada Gloria a quen a súa simpleza non dá alternativa, a xenerosa avoa que fracasa na educación dos seus fillos, a reprimida Angustias e a súa dobre moral... un mundo asfixiante de entolecidos pola guerra do que Andrea só poderá escapar coa axuda dos vencedores, Ena e a súa familia. Tampouco é alentador o panorama intelectual, encarnado na panda de "artista bohemios", fillos de papá totalmente vacuos cos que se reúne Andrea.
Moitas de nós leramos a novela moitos anos antes, cando tiñamos a iade da protagonista, e esta nova lectura permitiunos ver estes otros aspectos e compartilos nesta enriquecedora sesión.
Na próxima reunión, que xa será será a última deste curso, falaremos de O club da calceta, de M. Reimóndez, Afirma Pereira, de Tabucchi e O lapis do carpinteiro, de M. Rivas... se nos acumula o choio!

2013/04/15
BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA
Este é o título do primeiro libro que limos no club de lectura de adultos. Certo é que, como propúñamos máis abaixo, os Papalibros non teñen idade e conseguimos formar un pequeno e xeitoso grupo de once persoas que promete aumentar. Hai algunha profe, nais de alumnas/os e exalumnas/os... e estamos desexando que se incorpore algunha alumna/o que "ameazou" con vir.
De momento as nosas reunións son na biblioteca, pero co bo tempo e os días longos pensamos xuntarnos nalgunha terraciña ou mesmo no xardín do instituto... O que non falta nas nosas reunións é café e algo doce para acompañar, como ben vedes na foto.
Falamos de moitos libros que lemos ou estamos a ler, pero o noso primeiro libro en común foi Balzac y la joven costurera china, de Dai Sijie, que en xeral gustou moito. A novela cóntanos a historia de dous mozos chineses que nos anos 70 do pasado século son enviados polo goberno á Montaña do Fénix, unha zona rural afastada da súa vila, a "reeducarse". A reeducación mediante o traballo era un proceso frecuente durante a Revolución cultural chinesa imposta por Mao Zedong, que obrigou a realizar traballos forzados a millóns de persoas consideradas inimigas do réxime.
Dai, o protagonista, contará en primeira persoa as penalidades compartidas co seu compañeiro Luo nunha sociedade rural que vive en condicións extremas, na que a única evasión é a asistencia esporádica a un cine na vila máis próxima. No medio da miseria e sordidez un feito cambiará a vida dos dous mozos: a aparición dunha maleta chea de libros prohibidos de autores occidentais como Balzac, Dumas ou Romain Rolland. A lectura despertará sentimentos novos e paixóns e permitirá a Dai e Luo, convertidos en contadores de historias, engaiolar aos seus veciños e conquistar o amor dunha xoven costureira, a maior beleza da Montaña do Fénix. O proceso de reeducación parece invertirse, xa que son os dous mozos os que "reeducan" ás xentes da montaña cambiando as súas vidas.
O que máis nos gustou do libro foi a mensaxe de que a literatura (e o cine) sálvanos, devolvénos a dignidade e conciencia de que somos humanos en medio dun sistema alienante ou mesmo en situacións límite. A lectura descóbrenos novos mundos, permítenos vivir outras vidas ou pode empuxarnos, como á xoven costureira, a conquistar a nosa liberdade e a cambiar o noso destino. Destacamos tamén a poesía da prosa de Dai Sijie que transforma a miseria en beleza, e que a modo de cámara de cine detense e deléitase coa fermosura das pequenas cousas que fan a vida soportable.
A nosa próxima reunión será o mércores 8 de maio e nela imos comentar as nosas lecturas propostas: O club da calceta, de María Reimóndez e Nada de Carmen Laforet. Agardámosvos na biblioteca ás 19.00 horas con café e libros!!.

2013/03/22
OS PAPALIBROS RAPEAN
Para celebrar o fin de avaliación e descansar un pouco dos exames, na última reunión dos Papalibros antes das vacacións de semana santa tivemos un invitado moi especial, Serxio García, cantante do grupo de hip hop Dios Ke Te Crew. García falounos un pouco da historia do hip hop e das súas raíces na cultura popular. Despois deunos uns cantos consellos e ideas e puxémonos a rapear. Velaí un pequeno resumo desta xornada.
2013/03/13
XUDEUS SUPERVIVENTES AO HOLOCAUSTO
Nesta segunda semana de marzo tiveron lugar na biblioteca do IES de Melide as charlas tituladas “Xudeus superviventes ao holocausto”, impartidas por Ashley Lauber, a nosa lectora de inglés, de nacionalidade estadounidense, descedente de xudeus polacos que emigraron aos EEUU despois da segunda guerra mundial. A casualiade levounos a descubrir que os seus catro avós eran superviventes de Auschwitzc-Birkenau, un dos máis tristemente famosos campos de exterminio nazis. Ashley tivo a xenerosidade de compartir con nós unha parte importante do pasado da súa familia e do seu propio pasado, de amosarnos as feridas aínda abertas nas persoas próximas ao seu entorno.
Esta actividade xurdiu a raíz dunha das nosas lecturas de Papalibros, Maus, xa convertida nun clásico da novela gráfica. Ashley compartiu con nós esa lectura. Entre todos fumos descubrindo como a traxectoria do protagonista, Vladeck Spiegelman, pai do autor, foi moi parecida á dos avós de Ashley: familias xudías polacas de clase media que foron obrigadas a vivir en guetos e máis tarde levadas aos campos da morte. Ao final da guerra, coa liberación dos campos, os poucos que lograron sobrevivir non conseguiron vivir de novo naqueles países nos que antes tiveron os seus fogares e que en certa medida permitiron ou se beneficiaron das expropiacións dos xudeus e do propio holocausto.
A lectura de Maus encaixa perfectamente no tema monográfico de traballo da biblioteca para este curso: "A viaxe e a migración, entre o descubrimento e a necesidade". As viaxes dos xudeus aos campos da morte foron auténticas viaxes aos infernos, a catábase da antiga Grecia, un contacto directo co máis absoluto dos horrores, do sufrimento e da morte que transformou profundamente, cando non destruíu, a vida de millóns de persoas. Os superviventes logo tiveron que emprender unha segunda viaxe, enteiramente necesaria, para atopar o fogar e o medio de vida que lles fora negado.
Ashley non puido reunir tantos datos precisos e concretos como o Art Spiegelman, o autor de Maus, pero o seu relato tivo a forza do directo e da narración en primeira persoa. Tal como confesou, se non fose polas preguntas dos Papalibros non tería falado de todo isto coa súa nai e seguiría sen coñecer unha parte da súa propia historia. Pero coñecedora deste pasado e sen perder a memoria, Ashley decidiu dar un paso adiante e non vivir como vítima.
Con este pequeno artigo queremos animar aos Papalibros a recuperar a memoria da súa familia e agradecer de novo a Ashley o tela compartido con nós.
2013/02/01
Os Papalibros non teñen idade
Estamos convencidos de que na vila de Melide hai un montón de lectores/as e posiblemente a moitos deles lles guste compartir as súas lecturas. E por que a actividade dos Papalibros ha de estar recluída no IES de Melide?. Os papalibros estamos desexando entrar nos fogares, nos bares e comercios, percorrer rúas e camiños da Terra Melide. Por iso é que decidimos tentar crear un club de lectura de adultos.
O noso plan é ler un libro en común, consensuado por todas/os, e facer unha reunión mensual no instituto (ou noutro lugar agradable) para comentar a nosa lectura e todo o que se nos ocurra. Os horarios, como veredes no formulario que segue, serán produto da eleción maioritaria.
Só necesitas ter ganas de ler e compartir, anímate a ser Papalibros e envíanos este formulario:
2013/01/31
Viaxando nos antigos veleiros dos s. XVIII
O pasado mércores, no noso horario habitual de reunión, tivemos a sorte de poder disfrutar na biblioteca dunha charla sobre os antigos veleiros dos s. XVIII e XIX a cargo de Couso, o profe de Educación Física, que resultou ser todo un experto na materia. Esta charla xa fora impartida antes de Nadal na biblioteca, dentro do noso tema deste ano "A viaxe e a migración, entre o descubrimento e a necesidade".
Despois dun pequeno repaso pola historia da navegación, coñecimos as características dos grandes veleiros: o proceso de construción, partes do veleiro e vocabulario naval, a vida nos veleiros, a importancia da mariña de guerra na historia de Europa nestes séculos... Couso ata nos trouxo unha reprodución dun pequeno canón que funcionaba de verdade e nos fixo unha proba de disparo... que susto paparon algúns/as!!
As explicacións, ademais de estar ilustradas con imaxes e gráficos, estiveron acompañadas de fragmentos da película Master and Comander, que conseguiron que durante unha hora nos sentísemos dentro dun barco.
Pasámolo estupendamente, descubrimos unha faceta descoñecida de Couso, aprendimos palabras como barlovento, sotavento, babor, largar ou cobrar cabos e nos quedaron gans de ver completa a película Master and Comander, que temos na biblioteca.
2013/01/18
Ângelo Torres, contador de historias
Para inaugurar o ano 2013, os Papalibros contamos coa presenza de Ângelo Torres, contador de historias, nado en Guinea e criado en Sâo Tomé e Príncipe.
Àngelo Torres fixo dúas sesións no IES de Melide, unha a última hora da mañá para alumndao de 1º de BAC e outra para Papalibros na que, como é costume noso e facendolo gala do noso nome, xantou con nós.
Ao principio parece que nos custaba algo entender, pero logo fumos afacendo a orella e xa nin nos enterábamos que falaba nun idioma que non era exactamente o noso.
Àngelo contounos historias que aprendera da súa avoa, contos que ela lles contaba aos nenos coa condición de que se bañasen.
Gostamos moito das súas historias, especialemente daquela que nos contaba como a tía Miseria conseguira reter e a Morte e só accedeu a soltala se non a levaba con ela. Por iso é que miseria non nos deixa nunca.
Tanto nos gustaron as historias, que pro aproveitar ao noso contacontos case non chegamos á primeira hora de clase da tarde do mércores. Ângelo non marchou do instituto, sen pasar antes pola nosa emisora Falamelide, para que lle fixesen unha entrevista.
Podes ver este video para coñecer un pouco o traballo de Ângelo Torres.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)