2013/06/22

DESPEDINDO O CURSO CO LAPIS DO CARPINTEIRO E CRUZ CONCHEIRO

Moitos eran os libros dos que tiñamos pendente falar na nosa última sesión dos Papalibros adultos: Afirma Pereira, O club de Calceta, Cinco horas con Mario... pero todo o noso tempo foi para o Lapis do carpinteiro. Á parte de que a novela o mereza, a presenza da nosa compañeira Cruz Concheiro fixo que as case dúas horas da nosa sesión nos resultasen curtas. Cruz, sobriña neta de Chonchiña Concheiro, en quen se inspira o personaxe de Marisa Mallo, deunos conta desa historia real de amor, guerra e represión que inspirou a Manuel Rivas a súa novela. Grazas a ela coñecimos vidas fascinantes que ás veces poden superar a ficción e  a delicada e case máxica relación que existe entre a realidade e a creación literaria.
O tempo, en efecto, voou e quedáronnos por comentar outros aspectos, xa máis literarios, da obra. Tamén nos quedaron moitas ganas de coñecer a pequena biografía de Chonchiña que se publicou en México. Malia a falta de tempo, foi un remate estupendo para despedir este curso.
Ao final, as Papalibros cargáronse de libros a toda présa para devorar no verán. Facendo unha valoración algo apurada, podemos afirmar que o club de lectura foi un espazo no que nos atopamos moi cómodas dende o principio e no que cada vez afondamos e abormados máis temas, que teñen a lectura como punto de partida a lectura. Contamos con continuar a nosa actividade no outono, no comezo do curso e non vai haber sesión que nos chegue para falar de todo o que nos apeteza. Feliz verán e felices lecturas, Papalibros!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Foi un pracer estar con vós falando de libros e escoitando cada unha das distintas impresións que nos producen as mesmas lecturas. Moi enriquecedor. Contade comigo para o curso que vén.
Gloria