2011/02/16

DENSO RECENDO A SALGADO


Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais. Ao longo da novela, aparecen vidas anónimas e singulares que teñen en común a pertenza a unha xeración de mozos e mozas nados nunha vila mariñeira que podería ser calquera das que se deitan na Ría de Arousa. Coas súas mudanzas de ritmo, cos panos de fondo das bateas, do narcotráfico e de Compostela, Denso recendo a salgado é como unha montaña rusa que nos fai sentir a vertixe da existencia.
Espero que vos guste esta primeira novela de Manolo Portas e que vos sintades engaiolados polas súas historias

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Este libro de Manuel Portas gustoume moito xa que é moi entretido.Se tivera que decir algo malo non sabería que dicir, aínda que lle aconsellaría a xente que o lea con calma é sobre todo con moita pero moita paciencia, xa que é libro moi peculiar é tamén un libro que te podes perder moi facil.

ANDREA 1bac-C

Anónimo dixo...

Este libro e moi bo, para min o maloque ten e que o principio non entendes nada pero o fina e moi divertido, e recomendo que o lean.

Iván Sánchez García 1ªC

Anónimo dixo...

O principio o libro pareceume un pouco aburrido, pero despois, según o ía lendo, xa me foi gustando máis, ainda que é un pouco difícil de entender, xa que fala de moitas persoaxes.
Recomendaríallo a un amigo que o lese, a pesar de que lle levaría tempo lelo e entendelo.

Ruben Vázquez 1ªC

Anónimo dixo...

A min o libro gustoume bastante pero o principio era un pouco rollo porque non entendes nada,pero cando vas un pouco mais adiante xa vas entendendo de que vai e o final e moi bonito e eu recomendaríallelo a toda xente porque e moi entretenido.


Rubén Mendoza 1ªC

Anónimo dixo...

O libro pareceume interesante pero hai partes que non as entendin moi ben. O final foi o que mais me gustou porque xa sabía mellor de que ia o libro.

ivan combo7

Anónimo dixo...

O libro pareceume moi interesante,pero non me gustou o principio por que era malo de entender,pero avanzando íase entendendo.
Tamara Rodríguez Sánchez