2008/11/25

Usha de María Reimóndez





"O meu nome é Uxía. My name is Ushia. Nam heseru Ushiya...”

Queres saber quen é Usha?

Queres descubrir o valor da amizade, da honradez, do compromiso coas “cousas xustas”...?

Queres saber como vivía na India ou que significa a palabra pakora, sari, mandaki?

Sabes o que é una latrina ou se alí usaban ou non o papel de váter???

Pois xa sabes, aproxímate a Usha. Adéntrate no seu mundo, noutro país, noutra cultura, noutra forma de vida e confróntaa coa túa.

Este é o libro de lectura proposto para o alumnado de 1º de ESO. Se xa o liches, anímate agora a escribir os teus comentarios sobre a obra.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Non nós gustou moito,porque o libro non ten un problema en concreto,senon que ten moitos.Gústannos os libros que teñen máis accion.Brais e Christian 1ºC.

Anónimo dixo...

Gustoume porque nalguns momentos ten algo de misterio.Tanto Lakshmi,coma Usha,e todos os outros personaxes me pareceron moi divertidos,ademais tivo un final aberto e non sabemos quen era o pai de Usha

Anónimo dixo...

Si que me gustou,porque danos a entender o difícil que é integrarse noutra cultura.Tamén me parece divertido polo feito das investigacións que fan Usha e Lakshmi. Adrian 1C

Anónimo dixo...

Gustoume o libro porque reflicte a vida dunha rapaza que ten que deixar a súa vida natal en Galicia para ir coa súa nai á India.Alí coñece como é a vida nun país tan pobre como ese.
Tania e Paula 1ºC

Anónimo dixo...

Pareceume un libro moi bo.Algunhas partes gustáronme máis que outras. Deixoume bastante intrigada porque na última páxina ela pregúntalle información á súa nai do pai e non lla dá.

Fátima 1ºC

Anónimo dixo...

Si que me gustou o libro.Pareceume unha historia moi interesante a de Usha.Gustaríame que houbese un segundo libro para saber quen é o pai de Usha e como se resolve o tema do petróleo,que estaba chegando aos mares de Galicia.

Saínza 1ºC

Anónimo dixo...

Non me gustou case nada porque case sempre fala de Usha e da súa amiga Lakshimi e entón abúrreste e fai que che entre o sono. Non suceden feitos que teñan algo de acción ...En fin, que tanta "trapallada" abúrrete máis ca estar falando,ordenando,axudando na casa,escribindo un conto,facer deporte,ir pasear e moitas outras cousas. Dani. 1ºC

Anónimo dixo...

O libro gustoume pero paréceme bastante lento porque lle dá moitas voltas ás cousas. O que si me encantou foi o tema sobre o que tratou, da igualdede entre os diferentes países, que as persoas se poden levar ben e non haber pelexas.Eva 1ºC

Anónimo dixo...

Usha é un libro moi divertido porque conta a vida dunha nena e tódalas cousas interesantes que fai.O que menos me gustou foi o final xa que me deixou intrigada.
Recomendaríallo a tódolos nenos e nenas da miña idade porque creo que mereceu a pena lelo, e ademáis é un libro moi sinxelo, enténdese ben e lese rápido.
María Río Vea 1ºD

Anónimo dixo...

non nos gustou por que se enrollaba moito e a nos gustannos os libros de terror e de intriga.alex dani raul e luis de 1D

Anónimo dixo...

non nos gustou por que se enrollaba moito e a nos gustannos os libros de terror e de intriga.alex dani raul e luis de 1D

Anónimo dixo...

A min este libro gustoume moito. O peor de el é que lle da moitas voltas, pero en xeral é moi bonito.
Maria 1ºc