Si, xa sabemos que alguén escribiu neste blog sobre este libro. Pero nesta entrada non imos falar do libro senón dunha magnífica escultura que unha lectora, Carlota Casal (alumna do noso IES Melide) realizou este curso que acaba de rematar. Poderíamos dicir que se trata dunha desas interpretacións visuais que (sen temor a equivocarnos) garda máis intensidade que a propia obra literaria. Despois de que a profesora María Cuquejo pedise aos seus alumnos un traballo (de calquera natureza) sobre a obra lida, a nosa protagonista (Carlota) elaborou unha escea que ben pode ser a escea de moitas situacións. Quizais aí está o seu éxito: que superou o localismo do libro. E que ben podía ser o símbolo de palestinos e israelíes, de chineses e tibetanos, de brancos e negros, de... Parabéns a Carlota pola súa capacidade de transmitir intensidade nun golpe de vista, é de agradecer. E, como non podía ser menos, a súa obra aparece fotografada na contracuberta do ARTEFACTO, o noso boletín artístico-literario.
8 comentarios:
Moi bonita a escultura!
O IES de Melide ten moi bos alumnos!
Que sigades así!*
pero bueno... esto é unha maravilla... o ies de melide polo que parece é o mellor de galicia
aupa o ies de melide!!!!!!
Alumnos do ies de Arteixo
eu lin este libro en cuarto e encantoume aínda que a min os rollos tristes non me van este pareceume xenial porque aínda que o comezo e un pouco aburrido sempre pensei que iba acabar doutra maneira pero... que se lle vai facer. encantoume o contido.
eu lin este libro en cuarto e encantoume aínda que a min os rollos tristes non me van este pareceume xenial porque aínda que o comezo e un pouco aburrido sempre pensei que iba acabar doutra maneira pero... que se lle vai facer. encantoume o contido.
vaya non me borredes os comentarios!!!!!!!!
haha agradecese que guste o teu traballo...Gracias polos comentarios!
Este libro gustoume moito porque conta unha historia de amizade entre dous nenos que pertencen a mundos diferentes.Sen embargo o final e moi trite.Recomendo ler O neno co pixama de raias a todos os rapaces que lles gusten as historias dramáticas ,cun pouco de intriga e inspirados en feitos reais.
Este libro encantoume, xa que fala de dous rapaces, un xudeo e un alema., Os dous rapaces vivian en mundos diferentes aconsecuencia da segunda guerra mundial.
Un deles era fillo dun importante militar nazi, os dous rapeces fixeronse muy amigos,viviron moitas esperienzas xuntos.Recomend leer esta libro as persoas que lles guste as historias de feitos reais ,cun pouco de intriga e drama
Publicar un comentario