2008/05/14

Manual de caza y pesca para chicas


Jane, a protagonista desta divertida novela da americana Melissa Bank, cóntanos a súas relacións cos homes dende os once anos, cando descubre que o rapaz que a ela lle gusta non pode nin vela. Aquela vez, cando lle preguntou á súa nai que podía facer para que a amasen, ela respondeu "Se ti mesma" e Jane, co seu irreverente sentido do humor e a súa incómoda franqueza, foi sempre ela mesma con todos os homes que pasaron pola súa vida... Ata que atopou a Robert, un debuxante de cómic, capaz de seducila e facela rir ao mesmo tempo. Entón comeza a preguntarse se, para que esta relación non acabe nun desastre, como as anteriores, non debería aprender a ser menos ela mesma e máis esa outra, de cabelos longos, ideas fixas e obxectivo moi, moi definido que defenden os manuais de caza e pesca para rapazas...
Esta deliciosa parodia dos libros de autoaxuda que o saben todo para as almas desesperadas, menos como ser un mesmo, vivir sen complexos e actuar con naturalidade, leva pasando de man en man estes últimos meses. ¿Queres coñecer ti tamén a Jane? E se xa riches con ela, ¿Escribes o teu comentario sobre esta historia de amor...diferente?

1 comentario:

xosé tomás dixo...

Este libro é moi interesante porque conta a historia dunha muller e os seus ligues e pódeste sentir identificada con ela.Por esto mesmo penso que vos gustaría máis ás rapazas que ós rapaces.
Xisela Fuciños Vázquez