2024/11/27

Día contra a violencia de xénero: 25N

 En Papalibros non queremos deixar de expresar a nosa repulsa contra a violencia de xénero e recordar que hai moitos libros que tratan este tema dun xeito adaptado ao alumnado. 

Tivemos unha sesión moi especial para conmemorar o 25N. Tomamos como punto de partida a lectura de varios fragmentos do libro Eso no es amor de Marina Marroquí que nos fixeron reflexionar con cuestións como a "espiral da violencia de xénero" onde moitas rapazas se ven envoltas sen darse conta. 

Fixemos tamén un test sacado deste mesmo libro que nos fixo reflexionar se de nenos e nenas viviamos nun mundo de contos no que as princesas son salvadas sempre polo príncipe en vez de salvarse elas soas; as respostas foron bastante satisfactorias.






Despois de quedar satisfeitas coas nosas reflexións visionamos unha performance sobre a "Escaleira machista" que elaborou o alumnado de 4º ESO-A, o que nos deu paso de novo a un debate que pon en tela de xuízo o "amor romántico" no que cre vivir o alumnado. 





Para rematar esta sesión tan especial, fixemos a lectura de varios poemas escritos por mulleres poetas que loitan contra esta lacra social coas súas verbas. Trala súa lectura fixemos un obradoiro de poesía no que creamos de maneira conxunta un poema que rechaza claramente a violencia que están a sufrir moitas mulleres e que leva por título "Rompe os espellos".






2024/11/16

Segunda sesión do Club de adultos

 Nesta segunda sesión xuntámonos despois de ter lido O bosque dos raposos aforcados de Arto Pasilina. Trátase dunha obra chea de humor con situacións delirantes e personaxes estrafalarios, pero cheos de humanidade: un ladrón fuxitivo, un millar mangallón bébedo e unha anciá adorable agóchanse nos bosques de Finlandia para contarnos cal é o valor do diñeiro e da amizade. 






2024/10/31

Samaín

 Por fin chegou o día!

Chegou o Samaín e despois de tantos ensaios puidemos facer a nosa esperada actuación. Fomos ao colexio Nº 1, o noso colexio veciño, a contarlles contos dramatizados de medo ao alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria.

Fixemos grupos para poder contar dous contos en cada clase, fomos disfrazados para meterlles medo e fixemos o truco e trato cos rapaces e rapazas destes cursos. Eles gozaron moito e nós aínda máis, contamos historias, actuamos e ata cantamos. 

Todo unha experiencia!















2024/10/24

Preparando unha actividade moi especial

  Na segunda sesión do Club comezamos a preparar unha actividade moi especial para o día de Samaín. Tivemos que vernos varios días no recreo para preparala ben, pero valeu a pena, rimos, bailamos e actuamos...

Que será?














2024/10/16

Primeira sesión do Club de Lectura de adultos

 Non só o alumnado tivo a súa primeira sesión no Club, os profesores e ex profesores tamén comezaron as súas  tertulias ao redor dos libros. Neste caso tiveron como primeira lectura Nai que nos pariu. Mulleres á altura do interior de Fernando García Penas. 





2024/09/26

Arrincamos de novo co Club de lectura Benxamín e Alevín!

 A finais de setembro, recén comezado o curso tivemos a nosa primeira sesión do Club para poder coñecernos e poñer nomes ás caras novas. 

Como non podía ser doutra maneira, almorzamos na biblioteca no recreo uns riquísimos doces e uns zumes. Que ben o pasamos!






2024/06/26

FIN DE CURSO con PANZA DE BURRO (Andrea Abreu)

 Celebramos a clausura e remate de curso coa lectura de "Panza de burro", de Andrea Abreu. Unha novela específica e marabillosa que nos achegou  ás minorías, na súa vida diaría, ambientada no norte dun Tenerife que se afasta moito do difundido nas axencias de viaxes. 







Ademais fixemos repaso de todas as obras lidas durante o curso e confeccionouse un xogo consistente en dar co título de distintos fragmentos de cada obra escrito nun marcafollas.


2024/05/02

VISITA DE IRIA ALDEGUNDE




 Para clausurar a Semana do Libro recibimos a Iria Aldegunde, historietista galega e autora da novela gráfica "Memorias dun neno labrego"

                          

Iria chegou coma un melindre para adozarnos a tarde nun Papalibros Adulto, para dicirnos que  se unha rapaza así tan nova coma ela  conecta  tan ben con esta novela é porque aborda custións universais:  a soidade, a pobreza, a inxustiza... que poden afectar á infancia nun mundo de "grandes" que pode resultar hostil.


                 








TERTULIA LITERARIA

  "Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que   ten neste asunto moito que dicir.


                       


 A nosa compañeira Paloma, conduciu unha  conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos  á  súa andaina  lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.



                 


A literatura construíndonos e  desfacendo marcos.



TALLER DE PAPIROFLEXIA

                          


A nosa compañeira Sara foi a encargada de amenizar varios  recreos desta Semana do Libro con fantasía de papel. Andoriñas para voar coa imaxinación flores combinadas con  cada historia.


                        


Cando tocou o timbre, así de rápido,  tod@s oa papalibr@s puideron   acudir á aula moi ben acompañd@s: cun libro e unha flor. 
 

Arte-sa, na nosa biblio