2025/06/20

Rematamos o curso no Club

 Rematamos o Club de Lectura deste curso lendo Engurras de Paco Roca que nos serviu para facer unha actividade moi especial. Primeiro compartimos unha sesión na biblioteca onde rimos recordando as anécdotas de Emilio e Miguel na residencia de anciáns, pero tamén nos puxemos serios para reflexionar sobre o valor que ten a xente maior na nosa sociedade.




Unha vez debullado o libro, fixemos unha visita ao Centro de Día e residencia da terceira idade de Melide. Unha vez alí visitamos as isntalacións e despois pasamos a mañá cos usuarios. Limos o xornal con eles, fixemos ximnasia xuntos, servímoslles un apertitivo, xogamos á adiviñanzas e contamos uns contos. 

Foi unha sesión inolvidable, para eles e para nós. 








O noso alumno Cibrán mentres facíamos as actividades retratou a Jorge a quen lle gustou moito o seu retrato e quedou con el de recordo.


Finalmente marchamos de volta para o instituto cunha sensación marabillosa de ter feito ben as cousas.