2025/05/26

Fomos de excursión!

 Para ir rematando o curso no Club de Lectura o pasado mércores fomos de excursión a Santiago de Compostela. Compartimos a viaxe co voluntariado da biblioteca e co alumnado da radio do centro. 

Para comezar o día fomos á sala Númax a ver a película El maestro que prometió el mar, gustounos moito e incluso houbo algunas bágoas...


Ao saír da película paramos na librería do Númax a botar unha ollada aos libros. Ademais fixemos unha boa compra de libros para a nosa biblioteca tendo en conta as recomendacións dos nosos alumnos e alumnas. 






Cando saímos da librería fomos dar un paseo polo casco histórico de Santiago e paramos na Alameda a comer e descansar un pouco. 



Finalmente, fixemos unha visita guiada polas cubertas da catedral desde onde se ve toda a cidade, uha visita de altura cunhas vistas fermosas, ademais o tempo deixounos gozar de todo o percorrido.