Para pechar o ano no Club de Lectura fixemos unha sesión de cine na biblioteca. Desta vez o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo como lectura O neno do pixama de raias de John Boyne.
Foi o último mércores antes das vacacións de Nadal, xa tiñamos gañas de descansar despois de tantos exames así que nos xuntamos ao mediodía na biblioteca e xantamos todas xuntas vendo a adaptación cinematográfica do libro que nos tocara ler esta vez. Vendo a película choramos e rimos, pero o mellor estaba por chegar.
Cando acabamos de vela compartimos as nosas impresións comparando o libro coa adpatación, ¿que nos gustou máis? ¿É fiel a película ao libro? ¿O final é o memo? Estas e moitas outras cuestións foron motivo de debate durante un bo rato. Ademais convidamos ao alumnado de 3º e 4º de ESO para que compartisen con nós tamén as súas ideas.
Pero iso non foi todo!
Para rematar o ano tivemos de postre panettone de chocolate e, ¡fixemos as badaladas de fin de ano con conguitos! Un doce final de ano para o noso Papalibros.