VISITA DE MARIA SOLAR
Onte no Papalibros Adulto estreamos curso con María Solar e "A culpa". María entrou coma unha rebanda de sol na biblioteca e gobernou a mesa con tanta dozura que case esquecemos os biscoitos.
Veu para dicirnos que, con frecuencia, son sutís as fórmulas que nos indican ás mulleres onde está a nosa mera de culpa . E tamén de atranco, claro. Pero tamén veu para confirmarnos que a vida dunha escritora é así a dunha muller calquera, coma unha nai, coma unha filla, que vive e traballa por fóra da novela malia que ás veces deba pararse de camiño con algún personaxe.
Hoxe abrimos as portas da biblio. Todas. Deixamos entrar o outono descalzo. E cando saímos a lúa estaba tan baixa coma unha mazá.