2012/01/10
LUAR NO INFERNO
Este é o título que estamos a ler estes días as Papalibros que quedamos a xantar os luns. Luar no Inferno é a segunda novela de Miguel Anxo Fernández da serie protagonizada por Frank Soutelo, detective de orixe galega afincado en California. Eliximos unha novela policíaca, xa que estes días "Hai un cadáver na biblioteca do IES de Melide", si como o oídes, non tedes maís que entrar á biblioteca e veredes unha silueta terrorífica e unha serie de pistas a deixadas polo asasino.E é que este mes témolo dedicado á novela negra e policíaca e próximamete teremos a oportunidade de participar nun xogo de pistas no que o xénero negro será o protagonista.
Así nos imos ambientándonos con Luar no Inferno. Nesta entrega o noso detective Frank Soutelo recibe a vista do seu sobriño Robert, un director de cine independente cun valioso contrato cunha gran produtora para facer unha película, pero con pouca liberdade á hora de rodar. Robert ten un guión sobre a contratación de mozas mexicanas que chegan enganadas a Hollywood, onde terminan facendo películas porno, explotadas como prostitutas, ou asasinadas en snuff movies (películas con asasinatos reais). O noso detective descubrirá porque o productor non quera sacar todo isto á luz.
A novela proporciónanos información a situación das mozas hispanas que chegan a a EEUU coa esperanza de triunfar ou simplemente de mellorar unha vida precaria, ao igual que tantos inmigrantes, temas estes e ambientes pouco coñecidos para nós. Pero tal vez o máis atractivo sexa o propio protagonista, Frank Soutelo, no que atopamos unha mestura de retranca galega, autosuficiencia de poli duro, pero tamén afeito aos fracasos do día a día. Ten trazos en común con outros detectives: gosta da boa cociña, cun toque galego a poder ser, aínda que é capaz de seducir mulleres é un solitario empedernido, coida o seu físico e procura estar en forma, pero recibe de vez en cando unhas labazadas... Pero tamén posúe trazos xenuínos: ten solvencia económica debido á súa pouca ortodoxia cada vez que se atopa cun feixe de billetes de dubidosa procedencia... É dicir, parece comulgar con aquilo de "quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón..."
Por último, queremos agradecer a colaboración da Casa das Asociacións, do concello de Santiago de Compasotela e ao seu responsable Miguel Vilariño a súa colaboración co noso club de lectura, xa que nos proporcionaron exemplares desta obra por un amplo período de tempo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)