As da foto somos Silvia e Patri de terceiro da eso do instituto d Melide.
Participamos neste blog, o Papalibros, pois parécenos unha forma moi interesante de tratar os libros.
Recoñecemos, ambas as dúas, que non nos gustaba moito ler e que empezámoslle a coller gustiño fai dous ou tres anos para aquí.
Tamén influiu moito a nosa profesora de castelá de este ano, á cal lle gustan moitísimo os libros, e nos fixo ver to o bo que estes tñen nas súas páxinas. Como podes pasar un bo anaco introducíndote por completo na historia que tes diante dos ollos.
Lemos historias de todo tipo , aínda que os temas fantásticos non nos van moito, pero aínda así algún caeu e non estivo mal lelo.
De todos os libros que levamos lido, un que nos chamou moito a atención e, do cal nos acordamos como si fora onte cando o acabamos de ler, é o libro que leva por título: "La casa de las cuatro chimeneas". Xa fai que o limos, pois foi cando iamos en sexto de primaria pero pensamos que por agora non nos imos esquecer del.
Pois nada, que nos imos despedindo pero non sin decirlle a xente que agora mesmo está lendo este post, que nunca deixe de ler e que si non o fai, sexa porque non pode, non lle gusta, non ten tempo..... pois que faga o posible por acostumarse á lectura pois é verdadeiramente maravillosa!!!!
Silvia e Patri (3ºESO A)