2024/06/26

FIN DE CURSO con PANZA DE BURRO (Andrea Abreu)

 Celebramos a clausura e remate de curso coa lectura de "Panza de burro", de Andrea Abreu. Unha novela específica e marabillosa que nos achegou  ás minorías, na súa vida diaría, ambientada no norte dun Tenerife que se afasta moito do difundido nas axencias de viaxes. 







Ademais fixemos repaso de todas as obras lidas durante o curso e confeccionouse un xogo consistente en dar co título de distintos fragmentos de cada obra escrito nun marcafollas.


2024/05/02

VISITA DE IRIA ALDEGUNDE




 Para clausurar a Semana do Libro recibimos a Iria Aldegunde, historietista galega e autora da novela gráfica "Memorias dun neno labrego"

                          

Iria chegou coma un melindre para adozarnos a tarde nun Papalibros Adulto, para dicirnos que  se unha rapaza así tan nova coma ela  conecta  tan ben con esta novela é porque aborda custións universais:  a soidade, a pobreza, a inxustiza... que poden afectar á infancia nun mundo de "grandes" que pode resultar hostil.


                 








TERTULIA LITERARIA

  "Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que   ten neste asunto moito que dicir.


                       


 A nosa compañeira Paloma, conduciu unha  conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos  á  súa andaina  lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.



                 


A literatura construíndonos e  desfacendo marcos.



TALLER DE PAPIROFLEXIA

                          


A nosa compañeira Sara foi a encargada de amenizar varios  recreos desta Semana do Libro con fantasía de papel. Andoriñas para voar coa imaxinación flores combinadas con  cada historia.


                        


Cando tocou o timbre, así de rápido,  tod@s oa papalibr@s puideron   acudir á aula moi ben acompañd@s: cun libro e unha flor. 
 

Arte-sa, na nosa biblio 




VISITA DE ISMAEL BARCIA

 A Semana do Libro comezou traendo a radio para o espazo da biblio.  O 22 de abril, en vésperas do Día do Libro, a  nosa compañeira de Lingua Galega, Pilar Lado entrevistou a Moisés Barcia, tradutor e membro de Rinoceronte Editora, a primeira editorial especializada na publicación de  obras  para o galego.


Moisés  aclarounos que iso de traducir é coma encher gavetas de matices e cores dunha lingua para outra e que a mellor tradución é sempre a que  mostra máis fidelidade coa obra orixinal.e obras traducidas ao galego





UNA EDUCACIÓN

 

"Podeis llamarlo transformación. Metamorfosis. Falsedad. Traición. Yo lo llamo una educación". Así fala  a autora desta obra.

Nun dos libros más importantes do seu ano  de publicación  segundo The New York Times,  Tara Westoner cóntanos  a historia da súa propia vida
Nacida nas montañas de Idaho, medrou  en harmonía cuuna naturaleza grandiosa y dobregada ás  leis que establece seu padre, un mormón fundamentalista convencido de que a  fin do mundo é  inminente. 




Tara ten un talento: o canto, e unha obsesión: saber  e, pese a que nunca foi á escola,  axiña  descobre que la educación é a única vía para  fuxir  da súa casa e dese entorno opresor.




VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ

 Non penses nun elefante rosa   é  a novela que veu presentarnos Antía Yáñez. A autora falounos , coma a novela,   sobre os  estereotipos da saúde  mental. Cun  coñecemento do TOC de primeira man, Antía aborda cun sentido do humor extraordinario  a historia de Aurora, unha moza  á que todas/os  quixemos  acompañar e  salvar.












EL CIELO ES AZUL, LA TIERRA BLANCA

 Cunha prosa sensual  detallada e belísima , Kawakami cóntanos unha historia de amor moi  especial: el achegamento sutil  dos amantes, con toda  a súa íntima beleza, ternura e profundidade. 





Todo un descubrimiento   que serviu de debate para falar de idadismo e da gastronomía xaponesa.






FLORES DE FERRO

 

 Nesta novela, Premio García Barros  marchamos coa protagonista, Camila, a Briana de  1987  para destapar    unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean.  Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. 



María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.


2024/04/05

O CÓMIC

  Seguindo a liña marcada desde Bibliotecas Escolares, no Papalibros Bexamín e Xuvenil dámos comezo á lectura en formato de cómic: 

Nunha sesión amena e distendida o alumnado fixo un xogo de adiviñanzas  para unir cada texto coa súa imaxe. Traballamos co álbum ilustrado, "A lavandeira de San simón", de Eva Mejuto; "El azul es un color cálido", de Julie Maroh; con "Arrugas", de Paco Roca e  "O lirio branco"(Astérix), de Goscinny.






 Despois, ao final da sesión @s alumn@s máis lectoras fixeron suxestións de cómics que leron recentemente.



                                   

2024/04/02

EN SÍSTOLE , FE NÚÑEZ

 

    No mes de novembro tivemos unha sesión máis curta de Papalibros, pero especialmente emotiva, por estar en vésperas da publicación do poemario
   "En sístole"




 Esta coordinadora  sentiuse feliz e agradecida de ter o privilexio de poder asinar e adicar nunha sesión da modalidade  Adultos o seu poemario a cada un dos membros deste magnífico club.
 
 

 
 


MANUAL PARA MUJERES DE LA LIMPIEZA


 O Papalibros Adulto  segue a andaina do outono coa lectura de "Manual de mujeres de la limpieza" de Lucia Berlin

 

 


 

A través dos seus relatos camiñamos coa protagonista cara aun mundo de seres marxinados presentados nunha prosa deliciosa, nesta novela autobiográfica.

 

                       

 

 

 Comentamos no noso petisqueo o humor e a melancolía con que Lucia Berlin describe ás mulleres  dos seus relatos: desorientadas,  convulsionadas, que rin choran beben e,,,sobreviven.

 Chin, Chin!!!

 

 



2023/09/26

CURSO 2023-2024

 VISITA DE MARIA SOLAR

Onte no Papalibros Adulto estreamos   curso  con María Solar e "A  culpa". María entrou coma unha rebanda de sol na biblioteca e gobernou a mesa con tanta dozura que case esquecemos os biscoitos.

Veu para dicirnos  que, con frecuencia, son sutís as fórmulas que nos indican ás mulleres onde está a nosa mera de culpa . E tamén de atranco, claro.  Pero tamén veu para confirmarnos  que a vida dunha escritora é así  a dunha muller calquera, coma unha nai, coma unha filla,  que vive e  traballa por fóra da novela malia que ás veces deba  pararse de camiño con algún personaxe.




Hoxe abrimos  as  portas  da biblio. Todas. Deixamos entrar o outono descalzo. E  cando saímos a lúa estaba tan baixa coma unha mazá. 



                                     



                                      A culpa foi de María Solar.
                           


2023/06/21

FIN DE CURSO CON MARIE CURIE E XIAO BERLAI

 

 

LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE, ROSA MONTERO

 


 

 Este foi o último título deste curso no  Papalibros Adulto. Con el camiñamos da man  de Rosa Montero para coñecer  máis de perto a figura de Marie Curie e os atrancos que atopou  para demostrar  o seu talento como científica.

Neste ensaio narrativo descubrimos a unha Marie apaixonada  e a unha Rosa Montero que afonda no dó e na perda dos seres queridos. Porque a verdadeira dor é impronunciable. Por iso a literatura é un bálsamo para atravesar as pontes das que non pode falarse. Pero si pode escribirse. Como fixo Marie. Como fixo Rosa.


Pero esta vez ademais o Papalibros saíu da biblioteca escolar para celebrar a fin  de festa na   compañía de Xiao Berlai, músico, poeta e debuxante, que nos serviu unha tarde deliciosa.


Xiao veu cargado de acordes e cores 
 




    

 

 

          


  Pero tamén desfrutamos dunha mesa festeira nun Papalibros grande e escumoso,

 decorada  cos marcafollas  artesanais de Inma  e o corazón agradecido desta 

coordinadora. 

 Feliz verán!