
Este curso, algúns dos alumnos de 2ºBAC decidiron ler Nada, para coñecer un pouco mellor a vida na España da inmediata posguerra.
A grandes rasgos este é o argumento: Andrea chega a Barcelona para estudiar na Universidade e instálase na casa da súa familia materna, burgueses empobrecidos trala guerra. No medio da fame, dos odios e da violencia que fan da casa un lugar deprimente e opresivo, Andrea, sempre escasa de diñeiro, sobrevive como pode, tratando de evitar os conflictos que fan a convivencia case imposible e buscando unha saída no mundo de compañeirismo e diversións que lle descubre a súa compañeira e íntima amiga Ena.
A novela gústanos porque nos fai comprender as miserias da sociedade burguesa e conservadora dos primeiros anos da posguerra, pero, sobre todo, porque a autora consegue que nos identifiquemos cos soños, coas ilusións, coas dúbidas e cos medos da protagonista, porque tamén son os nosos.
2 comentarios:
Esta novela de Carmen Laforet reflexa e faite sentir preto dos momentos que narra. Está cargada de detalles, pero detalles "non cargantes", senon que a través dos monólogos que a protagonista fai chegas a entendela, chegas mesmo a enterder esa época de posguerra. É unha novela moi interesante, que engancha, tendo ademáis unha trama de misterio.
Sandra Rodríguez Carril
B2A
É unha novela moi interesante que reflexa a posguerra civil, achegándoche aos momentos, situacións, sentimentos, etc... da sociedade desta época sen esperanzas, sen perspectivas de futuro desde o punto de vista dunha adolescente, polo que aínda nos fai sentir máis preto.
Uxía Fuciños Vázquez
B2A
Publicar un comentario