2008/05/22
Maus
Maus é a historia dun sobrevivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman, narrada polo seu fillo Art (Art Spiegelman é o nome do autor do libro). Os xudeus aparecen representados coma ratos, e os nazis, loxicamente, coma gatos. O autor sueco trascende a historia do holocausto para centrarse principalmente na psicoloxía do sobrevivente, coa intención de resolver a maraña da súa relación paterno.filial, da sombra dunha nai suicida, e do fantasma dun irmán santificado ao que nunca coñeceu. Esta obra, que aborda unha traxedia co desparpaxo da liña europea clara, sinxela e sen engadidos innecesarios, foi a única en banda deseñada que recibiu un premio Pulitzer (en 1992), unha beca da Fundación Guggenheim, e deu lugar a unha exposición no Museo de Arte Moderno de Nova York. Para interese dos comiqueiros da terra, Francesc Capdevila, Max, primeiro Premio Nacional de Cómic, mercou os dereitos para a edición en catalán, galego e éuscaro. Iso quere dicir que o cómic chegará ás librerías na nosa lingua da man de Inrevés Ediciones.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Este é un libro mais que recomendable. Mezcla un estilo sinxelo, con unha historia... espectacular. O argumento moi bo, con accion en todo momento.
Nalguns momentos recordoume á pelicula "La vida es bella", que me encanta.
Por certo, oxala o poidades renovar con unha nova edicion, pois o libro que esta actualmente na biblioteca, faltanlle algunhas follas, e outras paxinas estan moi mal coidadas, e asi podes disfrutar de este magnifico libro sen reparos.
un saudo
Tomás (2º BAC)
Tomamos nota da túa suxestión, Tomás. En canto ao libro, a min tamén me pareceu maxistral, sobre todo porque parece que o autor se esforza en non usar demasiados recursos gráficos para que a historia sexa o que realmente cobre forza.
Xosé Tomás
Publicar un comentario